- Crónica
- Política
A censura non baixa o Miño coma os sumarios xudiciais
Coas obvias diferenzas de dimensión e contexto, o ambiente político e mediático pola imputación de Zapatero e a literatura xurídico-policial que a sustenta queren lembrar o acontecido na Galicia da pasada década con operacións que acabaran con algunhas condenas pero que, especialmente no caso Pokémon, desembocaran en sonoros arquivos. As consecuencias políticas daqueles anos de filtracións, detencións ao vivo e dimisións fulminantes seguen ben vivas. Sábeno en todas as principais casas políticas e é especialmente obvio en institucións coma o Concello de Ourense