A rebaixa de peaxes a familias numerosas nas dúas autoestradas da Xunta beneficiará ao 0,9% dos tráficos
Os anteriores descontos para viaxes nocturnas implantados hai dous anos chegaron ao 2% dos usuarios
Os anteriores descontos para viaxes nocturnas implantados hai dous anos chegaron ao 2% dos usuarios
O TSXG di que o Goberno galego vulnerou os dereitos fundamentais e desbota o seu argumento de que a sentenza favorable ao empregado aínda non era firme cando o botou
As visitas ao pazo foron inauguradas por vítimas do franquismo e asociacións na defensa da memoria histórica. Na última etapa en que o pazo estivo nas mans da familia do xeneral golpista, as visitas organizábaas a Fundación Francisco Franco a través dun guía que convertía cada visita nunha oda ao ditador
Avogado que loitou pola democracia defendendo presos do franquismo, foi impulsor de varias formacións políticas e decano da avogacía viguesa ata 2015
O ente fiscalizador pediulle que fixe “obxectivos e indicadores de cumprimento” para os incentivos fiscais, pero o Goberno galego rexéitao expresamente. Nos últimos dous anos deixou sen impostos ás herdanzas de ata un millón de euros e rebaixounos á compra de segundas vivendas ou aos casinos e bingos
O Bloque advirte ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que estas instalacións son "incompatibles" coa pesca.
A Autonomía fai 40 anos e durante as cinco fins de semana de agosto falamos con cinco persoas representativas dos cinco grandes gobernos que tivo a Xunta, das que tentamos tirar unha imaxe transversal da Galicia das catro últimas décadas
O termo "aldraxe" quedou gravado na política galega durante o intento de baleirar de competencias a nacente autonomía, a comezos dos 80. Esta semana tenderon a esvaecer algúns dos temas que Feijóo veu sinalando como aldraxes do Goberno do PSOE e Unidas Podemos: da AP-9 á reforma sanitaria. O presidente da Xunta tamén denunciou escaseza de vacinas e Pedro Sánchez anunciou na Conferencia de Presidentes 3,4 millóns máis. Feijóo considerounas "insuficientes".
O Consello de Contas presenta a súa fiscalización de 2019 e constata que “os índices de temporalidade continúan sendo altos, 44% en Atención especializada e 28% en primaria, observándose un incremento interanual”.
O ente que vela pola privacidade da información persoal quere “comprobar a licitude do tratamento de datos” e advirte de “efectos discriminatorios"
Tras máis dun ano de pandemia, a Xunta adxudica a Extel o primeiro sistema estable de seguimento de contactos pola sua rebaixa económica malia que a proposta técnica foi peor que a da empresa que veu contratando de emerxencia. A nova adxudicataria tivo varios propietarios en pouco tempo e acumula diversos conflitos laborais