Pedro Sánchez revalida a secretaría xeral dun PSOE que di apostar por unha “cultura federal” do Estado
A executiva do partido seguirá contando coa presenza da galega Pilar Cancela, secretaria de Estado de Cooperación Internacional
A executiva do partido seguirá contando coa presenza da galega Pilar Cancela, secretaria de Estado de Cooperación Internacional
O presidente opta por ascender á persoa que desde 2009 se encargaba da elaboración das contas públicas en pleno proceso para a aprobación das do próximo ano
Ademais das 40 propostas do PP garantidas pola súa maioría absoluta o Parlamento tamén validou, con distintos apoios, outras 8 do PSdeG, pero os populares rexeitaron todas as iniciativas do BNG
Un xulgado anula por vulnerar a liberdade de expresión a multa municipal á comunidade de Tameiga por unha pancarta crítica coa alcaldesa do PP, Nidia Arévalo
A Audiencia de Pontevedra desestima o recurso do alcalde de Vilanova de Arousa e considera que os ataques do edil do PP a Carmela Silva obedecen á súa condición de muller. O deputado Carlos Font reclama ao PP que aparte a Gonzalo Durán do partido
Transición Ecolóxica subliña que "non é viable" legalmente adscribir a fábrica ao porto de Marín, posibilidade que a propia Ence nin menciona na información aos seus accionistas sobre os posibles escenarios tras a sentenza. O Ministerio anuncia o encargo dun informe sobre posibles lugares alternativos para a fábrica e subliña que o Estado estaría disposto a "acompañar financeiramente" un novo proxecto de Ence en Galicia fóra da ría "con valor engadido"
O Goberno galego emprega outra volta a lei de acompañamento dos orzamentos para manter en 2022 decisións “derivadas da situación de emerxencia sanitaria”, que desactivará a próxima semana, e incluír novas mudanzas
O Goberno central é destinatario de peticións ou críticas en 20 das 40 proposicións de resolución do PP, que tamén rexistrou unha na que liga a conmemoración do 40º aniversario do Estatuto co "rexeitamento de posicións independentistas" e a condena da "violencia" na política. O BNG formula propostas como avanzar no autogoberno ou inxectar 200 millóns na Atención Primaria do Sergas; o PSdeG reclama máis fondos en educación e política social ou asumir novas competencias, entre outras medidas
No 'segundo pase' do debate de política xeral, Feijóo fixo convivir no seu discurso clásicos como a atribución de culpas ao bipartito (2005-09) con mofas ao socialista Gonzalo Caballero e mais cun intento de facer ver que a nacionalista Ana Pontón "oculta aos galegos as súas verdadeiras intencións" no caso de chegar á Xunta
O Bono Cultura da Xunta, anunciado uns días antes que o do Estado, estará dotado con 50 euros e pretende chegar a 39.000 persoas. A iniciativa estatal é de 400 euros para todas as persoas que fagan 18 anos. O presidente galego combina o seu reproche ao bono do Goberno central evocando iniciativas da Xunta como a tarxeta para que a mocidade viaxe de balde en autobús, que cando foi aprobada rexeitou que fose "electoralista"
Os Orzamentos estatais superan os 1.000 millóns de investimento previsto en Galicia por primeira vez dende 2016. Malia á fin das grandes partidas do AVE, o Ministerio de Transportes e as entidades que dependen del seguen sendo as áreas con maior investimento previsto en Galicia, con incrementos en áreas como o tren convencional, conservación de estradas ou autovías pendentes de conclusión. Tras eles sitúase o Ministerio de Defensa polo inicio da construción das fragatas F-110 en Navantia Ferrol, que pasan de 65 a 122 millóns.