- Crónica
- Política
Os ecos dos Orzamentos do Estado marcan o día da Constitución entre as forzas políticas galegas
Feijóo acode aos actos conmemorativos da Constitución en Madrid e carga contra os "socios do Goberno" de España por non participar neles. Ana Pontón ve nas contas do Estado para 2021 unha mostra de que Galicia precisa "con urxencia, ter máis poder político" e Gonzalo Caballero subliña que o PSdeG cre "na España constitucional, plural, con descentralización política" pero lonxe de "posicións independentistas que nada positivo implican para Galicia"