Política
Os xuízos por prevaricación de Louzán e Pachi Vázquez tapan o da agora delegada da Xunta en Pontevedra, cun expediente aberto no PP
O ex-presidente da Deputación de Pontevedra senta no banco este venres xunto á ex-alcaldesa de Moraña polas obras dun campo de herba artificial, e o ex-secretario xeral do PSdeG faino o luns por contratar persoal cando era rexedor do Carballiño
A Xunta prevé exames distintos para aspirantes a unha mesma oposición
O Goberno galego quere darse liberdade a través da lei de acompañamento dos orzamentos para dividir grupos de opositores como protección fronte á COVID ou adoptar “calquera outra medida a proposta da autoridade sanitaria”
A Xunta muda a presidencia do Porto da Coruña no momento clave para o futuro urbanístico dos seus peiraos interiores
O Goberno galego prescinde de Enrique Losada logo dunha década na presidencia da Autoridade Portuaria, que ocupará o concelleiro e parlamentario do PP Martín Fernández Prado, ex-edil de Urbanismo na Coruña.
A Xunta recorta a autovía Santiago-A Estrada e volve expoñela ao público tras caducar o seu anterior estudo ambiental
A continuación da actual AG-59 entre Compostela e Teo inaugurada en 2008 xa non enlazará coa circunvalación da Estrada, que o Goberno central ten en estudo desde hai tres décadas polo seu elevado impacto
Tempo
Silvio Falcón
O Supremo volve condenar a Xunta por non avaliar o impacto ambiental dun plan de urbanismo, agora o de Muxía
Como xa fixo co de Vigo hai cinco anos, o alto tribunal censura que o Goberno galego empregase argumentos xenéricos para evitar analizar os efectos do plan, neste caso malia ser un concello con varios espazos protexidos
O BNG sinala unha suba do 20% do investimento en Galicia como limiar para valorar votar "si" aos Orzamentos do Estado
O proxecto orzamentario prevé investimentos en Galicia por importe de 832 millóns de euros e o Bloque ultima emendas parciais para subilo ata un "mínimo" de 1.000 millóns. Ana Pontón e Néstor Rego amosan "disposición a negociar" e o PSdeG di agardar que, finalmente, a formación soberanista actúe con "responsabilidade" e opte polo voto afirmativo ás contas
A sanidade privada ofrécese para ter máis peso en Galicia, tamén "en zonas rurais onde non pode chegar o público"
A fundación que aglutina o sector asegura que a crise do coronavirus avala a súa visión dun “sistema de saúde único, sen apelidos” e apunta tamén a un rural que profesionais da medicina e da enfermaría do Sergas percorren a diario para atender doentes a domicilio
"Queremos seguir impulsando o BNG cara a posicións máis soberanistas e de ruptura"
O Movemento Galego ao Socialismo pecha o ciclo e lanza un proceso constituínte dunha nova organización "máis ampla e "desacomplexadamente independentista".
- Interactivo
- Política
Das agresións a fotoxornalistas á manipulación na TVG: luz europea sobre as ameazas á liberdade de información en Galicia
Un proxecto financiado pola UE que recompila ataques en todo o continente inclúe dez no país desde 2016
- Crónica
- Política
Feijóo empurra o galego no ensino de volta cara á ruptura que promoveu en 2007
Mentres os datos sociolingüísticos apuntan a que, se algo fixo o galego no ensino na última década foi retroceder, o PP volve en Galicia ao vieiro da alerta de importación sobre o castelán oprimido nas aulas polo resto de idiomas oficiais, agora a conta da reforma educativa que promove o Goberno de España