A memoria dos lucenses deportados a campos nazis revive nas pedras
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica instala 'storpersteine' para homenaxear sete veciños do Corgo, Outeiro de Rei, O Incio e As Nogais. Todos estaban exiliados en Francia cando foron capturados e internados en campos de exterminio. Só un sobreviviu.