A Fegamp critica á Xunta a "imposición" aos Concellos "de medidas inasumibles" para previr contaxios nos parques infantís
En boa parte de Galicia estes espazos continúan pechados, mentres as localidades traballan para cumprir coa normativa de seguridade esixida pola Xunta. Os concellos consideran que o Goberno galego non ten en conta as súas necesidades económicas e de recursos humanos e reclaman un apoio ata agora inexistente.