Política
O Porto de Vigo planifica máis de 200.000 metros cadrados de novos recheos que presenta como “crecemento sostible”
A Autoridade Portuaria avanza coa tramitación de diversos aterramentos que defende como “progreso” fronte a “actitudes negativas” que compara coa oposición á construción da AP-9
Antón Sánchez chama na Asemblea Nacional de Anova a "rematar coa década negra neoliberal de Feijóo"
A formación renovou este sábado en Teo a composición da súa Coordinadora Nacional e Comisión de Garantías, escollendo por unha ampla maioría da militancia (un 85,71% dos e das participantes) a única candidatura presentada, República Galega
O PSdeG inaugura o seu 'Laboratorio de Ideas', o “xermolo dun novo tempo político en Galicia”
"Hai unha Galicia que quere gañar o futuro e o PSdeG está en condicións de darlle un goberno mellor”, dixo Gonzalo Caballero na inauguración da xornada de traballo, na que tamén participaron Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe
Cando Rajoy colaborou “na construción da autonomía galega”: A visión do ex-presidente no seu libro
As memorias céntranse en xustificar a xestión das crises económica e catalá, pero tamén ofrecen a súa opinión sobre feitos previos relacionados con Galicia, desde a censura contra Albor ata o Prestige, no que non ve “nin un só motivo” de crítica
A Constitución como nai adoptada
Antonio Gregorio
Feijóo desdeña as críticas do Consello de Europa á política lingüística da Xunta: "Alá eles"
O presidente da Xunta presume de que "nunca houbo en Galicia tantos galegos que soubesen escribir e ler galego" e resta importancia ao informe de expertos que advirte da "escasa presenza" do idioma no ensino ou da "limitación" ao seu uso na docencia.
Feijóo di abrirse a "reactivar" os partos en Verín se hai pediatras e defende o traslado do bebé nado tras o peche
O presidente da Xunta evita o argumento da perda de "pericia" na atención aos partos que usou Sanidade para xustificar o peche e di que valoraría a reapertura "no caso de conseguir pediatras". Gonzalo Caballero reúnese no hospital verinés con persoal e veciñanza e reprocha que Feijóo "se atrevese a dicir a dicir que todos os xinecólogos de Ourense estaban de acordo co peche" porque "iso é mentira"
Galicia, 2020: unha ollada ás esquerdas galegas ás portas da carreira electoral
Abordamos o escenario político galego cara a 2020 da man de catro analistas este venres, día 13, dende as 19:00 na compostelá Casa do Taberneiro
A Xunta inclúe a antiabortista Red Madre no seu programa de Nadal en Vigo, paralelo ao do Concello
Nas actividades da Xunta polo Nadal en Vigo, que di non realizar para "competir" con Caballero, facilitarase achegar doazóns ás entidades participantes. En anteriores ocasións, Xunta e PP responderon ás críticas polo seu impulso a esta entidade antiabortista comparándoa con ONG que axudan a persoas sen recursos económicos
Sánchez chamará a partidos e autonomías mentres o PSOE pecha os apoios á coalición con Unidas Podemos
Tras ser designado candidato, o líder do PSOE asegura que esta xeira de contactos con outros partidos buscan unha "maioría parlamentaria máis ampla para lograr goberno canto antes". O BNG vólvese reunir cos socialistas no marco das negociacións para a investidura co traspaso da AP-9 ou o estatuto para as industrias electrointensivas entre os asuntos destacados da xuntanza
O Consello de Europa volve cargar contra a política lingüística da Xunta por "limitar" a docencia en galego
Un novo informe advirte de que a aplicación da Carta Europea de Linguas Rexionais "non mellorou significativamente" e que a presenza do idioma no ensino "non é suficiente" e pide que se "eliminen as limitacións á docencia" na lingua propia.