"O urbanismo en Ourense era unha feira sen control e nese momento entramos nós e cortamos todo iso"
Áurea Soto, ex-edil de Urbanismo do Concello de Ourense, ficou libre da derradeira das causas xudiciais que nos últimos anos pesaran contra ela. Soto, que foi absolta de todas elas, cre que nestes procesos houbo unha "cacería" contra os Gobernos municipais que tentaron establecer controis á especulación.