O Supremo avala por unanimidade a exhumación de Franco do 'Valle de los Caídos'
Os seis xuíces ditaminan que o cadáver do ditador debe abandonar Cuelgamuros porque a lei prevé que torne nun espazo de recoñecemento das vítimas da Guerra Civil e da ditadura. Avalan ademais a decisión gobernamental de soterrar o ditador nun cemiterio do barrio madrileño de El Pardo e non na catedral de La Almudena, onde pretendían situalo os herdeiros