Política
Feijóo e a síndrome de Besteiro
CRÓNICA | A oportunidade de Soraya de parar o presidente da Xunta é agora, freándoo cun posible dossier destrutivo que o leve a ficar, invocando o seu compromiso con Galicia e a súa familia. Se non o hai, o camiño de Feijóo cara á rúa Génova está despexado, o que segue a ser o máis probable. Por Anxo Lugilde
Ciudadanos propón unha reforma electoral que vetaría os partidos nacionalistas no Congreso
Rivera aposta por un limiar do 3% de voto en todo o Estado para obter representación. Nin En Comú, nin En Marea, nin Compromís, nin ERC, nin PNV, nin CDC, nin Bildu, nin CC terían obtido representación con ese sistema. "A sanidade non pode estar en mans dos que queren liquidar España", di.
A Confederación do Douro desvela outras 18 multas a obras do AVE por danar ríos en Ourense e Zamora
A media das sancións, de 1.650 euros, é aínda inferior ás impostas na demarcación Miño-Sil a construtoras que recibiron contratos millonarios e cuxos nomes agora se ocultan
O ex-alcalde coruñés Javier Losada, novo delegado do Goberno en Galicia
O elixido non era a preferencia nin da dirección do PSdeG nin do principal barón do socialismo galego, o alcalde de Vigo, Abel Caballero
Galicia, banco de probas
Juan Carlos Piñeiro
A construtora de Telmo Martín cobrou sobreprezos en vivendas protexidas e Feijóo di que as urnas o avalaron
O Tribunal Supremo ratifica a condena a Construcuatro, da que era socio o alcalde popular de Sanxenxo, pero o presidente salienta que “despois de coñecerse a demanda se someteu ás eleccións e volveu ser elixido”
Feijóo teima en que é falso que o PP fose condenado por corrupción pero "non demandará" a quen o diga
O titular da Xunta afástase da decisión do presidente do Parlamento de sancionar os deputados que ligan o seu partido coa corrupción e asegura que o que máis lle pesa á hora de decidir se opta a liderar o PP é ser presidente do Goberno galego
Os apercibimentos á oposición por lembrar o 'caso Baltar' tensan o Parlamento galego
O voceiro de En Marea, Luís Villares, formulou unha queixa formal despois de que o presidente o apercibise por recordar nun pleno as acusacións das que foi obxecto o presidente da Deputación de Ourense: "Xa llo dixen en bastantes ocasións (...), o caso do señor Baltar está arquivado". Ningún membro da Mesa manifestou apoio explícito aos apercibimentos, segundo a acta da xuntanza
Fraga aparafúsase á alameda de Vilalba por 7.200 euros
O busto de don Manuel na súa vila desapareceu en novembro pero ao contrario que en ocasións anteriores non apareceu no río e o Concello vén de instalar un novo, mellor ancorado, por 7.200 euros
Màxim Huerta dimite como ministro pola polémica da súa fraude con Facenda
O xa ex-titular de Cultura asegura que marcha para non danar o proxecto de Pedro Sánchez, reivindica a súa "inocencia" e asegura que a multa da Axencia Tributaria foi froito dunha demanda interposta por el mesmo.
A folga na Xustiza aumentou un 14% os asuntos en trámite e baixou un 41% os resoltos
A taxa de litixiosidade en Galicia situouse no primeiro trimestre do ano nos 22,1 asuntos por 1.000 habitantes, a máis baixa do Estado por mor do paro que durou 114 días.