Rajoy volve marchar 30 anos despois e todas as olladas apuntan cara a Feijóo
Tras unha primeira retirada en 1987 Rajoy foino case todo no PP e no Goberno de España, un prolongadísimo percorrido que a sentenza do caso Gürtel vén de dinamitar. Antes do discurso da despedida Rajoy tivo tempo para volver desprestixiar o mecanismo da moción de censura, negar a corrupción e atribuírse a "disolución" de ETA