Política
O PSdeG levará a Xunta aos tribunais se nun mes non revela os datos de falecementos por infarto en Lugo
Álvaro Santos, secretario xeral do PSdeG lucense, advirte de que "se o PP segue a ocultar os mortos por infarto" para evitar abrir as 24 horas a unidade de hemodinámica do hospital, o partido acudirá ao TSXG para obtelos: "rematou a paciencia"
O Goberno de Rajoy incumpriu a Constitución coa súa lei para pagar ensino só en castelán en colexios privados
O Constitucional sentencia que o Executivo central invadiu competencias autonómicas co seu sistema de subvencións para o ensino privado en castelán, artellado sen "a mínima garantía de certeza xurídica" nin o "mínimo grao de obxectividade"
Feijóo propón asentar en Galicia descendentes da emigración para combater a crise demográfica
O presidente da Xunta anima os mozos de orixe galega a "facer a viaxe ao revés" e instalarse no país, e ve nesa Galicia exterior "unha fonte de posibilidades para sumar solucións ao problema demográfico"
Portugal aposta pola saída sur ferroviaria de Vigo, que facilitaría trens directos da Coruña a Lisboa
Fomento puxo o requisito do apoio luso á obra para impulsala, como reclaman as cidades da eurorrexión. A actuación evitaría tamén o paso de trens polo centro do Porriño, onde hai un ano e medio morreron catro persoas.
O FROB négase a informar o Parlamento sobre as súas operacións no rescate e venda de Novacaixagalicia
A entidade que executou a venda dos restos das grandes caixas galegas por encargo do Estado escúdase en que non está legalmente obrigada a colaborar co Parlamento galego para non achegar ningún dos documentos solicitados hai un ano, entre eles varios informes encargados a bancos internacionais
Pontón: "Hai que estudar unha fiscalidade para o monte que axude a pagar os cen millóns que custa a extinción do lume"
VÍDEO | A portavoz do BNG iniciou o pasado venres os faladoiros cos catro grupos parlamentarios sobre a ordenación dos montes organizados polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración de Praza Pública
Reforma electoral, pluralismo e momentos históricos
Brais Rodríguez
De Mesa gaña 156.000 euros no seu primeiro ano en Red Eléctrica, un 30% máis que na Garda Civil
A remuneración de Arsenio Fernández de Mesa no consello da eléctrica, ao que chegou dous meses despois de ser remudado como director da Garda Civil, practicamente duplica os soldos de Rajoy ou Feijóo
Feijóo estende as alianzas de Galicia deixando á marxe as nacionalidades históricas
A Xunta, cos gobernos de Aragón, Asturias e Castela e León, urxe a Rajoy a reformar este ano o sistema de financiamento antes das eleccións autonómicas previstas o ano próximo na maioría das comunidades
As navieiras que viaxan a Cíes defenden a “gran calidade” do seu servizo tras saltar os límites ecolóxicos do parque
Seis empresas, tres delas multadas, asinan un comunicado conxunto contra a decisión da Xunta de que os visitantes conten cun permiso seu antes de mercar os billetes de barco
A Xunta ultima a chegada de persoal médico de fóra da UE mentres agroman as denuncias de precariedade no Sergas
O PP emenda a reforma da lei de saúde que o Goberno galego puxo en marcha malia ás intensas protestas e introduce cambios no texto en materias como o persoal ou a participación cidadá