Máis dun ano sen Comisión de Contas: "O PP bloquea para ocultar as súas chapuzas", alerta o BNG
A comisión para as relacións co Consello de Contas non se reúne dende abril de 2023. Entre os informes pendentes de avaliar están os que tratan os contratos de emerxencia da COVID ou o que acredita que a Xunta paga de máis polas autoestradas con peaxes na sombra, subliña a deputada Noa Presas