Pacto lingüístico PP-PSdeG
Populares e socialistas pactan varias mudanzas no novo Plan Xeral de Normalización. O acordo mudará o decreto do ensino para permitir que se impartan en galego materias científicas, ata agora vetadas, pero sen aumentar o peso da lingua propia: se o bloque científico é en galego, o de ciencias sociais será en castelán. O BNG critica a "pinza bipartidista" para "enterrar" o idioma.