
Cara ao 28-A
A campaña galega comeza na Coruña, Compostela e Vigo
PP e Ciudadanos optan pola cidade herculina para o seu acto inicial, Unidas Podemos abre a súa campaña en Vigo e PSdeG-PSOE, En Marea e BNG realizarán o principal pegado de carteis en Santiago. Ás 12 da noite as formacións poderán pedir o voto.
A Xunta xa recoñeceu máis de 400 dereitos a axudas por fillos "concibidos e non nacidos"
O balbordo político e mediático xerado pola proposta da dirixente do PP madrileño para computar os "concibidos e non nacidos" como membros da unidade familiar obviou, en case todos os casos, que a medida leva vixente en Galicia case unha década inspirada pola lei da Red Madre e plasmada de vez na lei de familia de 2011
Feijóo culpa a BNG e Bildu do parón de transferencias que propón Casado e da aparición de Vox
O presidente di que “a da AP-9 non é unha transferencia dunha competencia senón dunha infraestrutura” e deféndea “nunha nación indisoluble que é España”
O CIS augura un empate técnico de PSOE e PP en Galicia e dá escanos a Unidas Podemos, C's e Vox
A enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas sitúa o PSOE como primeira forza do futuro Congreso con entre 123 e 138 escanos e augura que o PP, cunha forte caída, non daría sumado maioría absoluta con Ciudadanos e Vox. En Galicia estaría en risco a hexemonía do PP como primeira forza en escanos
O recorte ao rango legal do galego que Casado leva no programa contradí varias leis de gobernos do PP
A promesa de que non teñan "carácter oficial" os os "actos administrativos" en galego se non son traducidos ao castelán contradí en boa medida a Constitución, pero tamén leis como o Estatuto do Empregado Público e a lei de Procedemento Administrativo, ademais de normas galegas como as leis de Normalización Lingüística, de Calidade dos Servizos Públicos ou do Emprego Público, entre outras
O PP recupera para o Senado un ex-alcalde ao que a Xunta creou un posto á medida nunha oficina de emprego
Cando Feijóo suprimiu as fundacións comarcais de Fraga, o ex-rexedor de Ponteareas Salvador González Solla e outros ex-xerentes desas entidades que eran cargos do partido foron recolocados en prazas de nova creación. González Solla entra agora na lista para o Senado por Pontevedra, da que cae Xosé Crespo, que volve aspirar á alcaldía de Lalín.
Máis competencias e financiamento, entre os "15 compromisos" que o BNG aspira a lograr se volve ao Congreso
Nun contexto de forte polarización o BNG defende na presentación do seu programa do 28A que o seu posible retorno ao Congreso pode servir para defender "unha axenda a favor de Galiza" e, ao tempo, "garantir que non gobernen as dereitas españolistas"
Casado inclúe no seu programa minguar o rango legal do galego e "paralizar" o traspaso de competencias autonómicas
Os de Casado prometen no seu programa unha "lei orgánica de uso do castelán" segundo a cal calquera escrito redactado só en galego non tería "carácter oficial" e unha "moratoria" nas "transferencias ás comunidades autónomas" que en Galicia tería como primeira consecuencia o freo ao traspaso da AP-9
En Común Podemos apela á súa entrada no vindeiro Goberno de España como "garantía de cambio"
Se "as cloacas" andan "tan preocupadas" é porque "estamos máis cerca que nunca de gobernar" e de que "Yolanda ou Tone acaben sendo ministros", afirmou Irene Montero na Coruña
O BNG, á mocidade: "Imos lanzadas, desta imos ter representación en Madrid"
Ana Pontón defende que Galicia só recuperará "voz propia en Madrid o 28 de abril" se o BNG obtén escanos porque "PP, PSOE e tamén Podemos e En Marea vetan continuamente propostas beneficiosas para Galiza"
O PSOE tamén pide mobilización en Galicia o 28A porque "non serve queixarse ao día seguinte se goberna a dereita"
"O PP segue sen entender que as sentenzas esixen renuncias reais e non en diferido", advirte Gonzalo Caballero sobre o posible impacto do caso da Valedora nas eleccións xerais. "Tampouco Rajoy quixo ver a importancia da sentenza da Gürtel", dille a Feijóo