Feijóo confirma negociacións con Vox para o Senado e a Tellado pola Coruña ao Congreso
O ex-presidente recoñece contactos coa formación da extrema dereita con "discreción" e "respecto" para acordaren candidaturas, tentar acceder á maioría da Cámara Alta que permite remudar postos no Constitucional e confrontaren co proxecto unitario liderado por PSOE e Fronte Ampla. Os populares alentan o seu 'número dous', que repite encabezando a candidatura coruñesa, cun "a por eles" dirixido ao BNG e outras forzas soberanistas