
Máis ganas de cambio e confianza na alternativa: os datos do CIS impulsan a chamada á mobilización da esquerda
A porcentaxe de poboación que ve "boa" ou "moi boa" a xestión da Xunta é practicamente idéntica á que ten esa mesma consideración do labor do BNG na oposición nun contexto no que case o 60% ten "pouca" ou "ningunha" confianza en Rueda. O Bloque, PSdeG e Sumar coinciden en que, atendendo aos datos do inquérito, a mobilización do electorado progresista será sinónimo de mudanza política.