
Feijóo dá por completada a Cidade da Cultura 20 anos e 350 millóns despois e aínda quedan obras pendentes
O presidente di que o remate do Edifición Fontán é “a culminación dun soño”, que mudou a respecto do que soñaron Fraga e Eisenmann
O presidente di que o remate do Edifición Fontán é “a culminación dun soño”, que mudou a respecto do que soñaron Fraga e Eisenmann
"Era un cliente excelente porque tiña visión", di Peter Eisenman sobre Fraga vinte anos despois do inicio das obras da Cidade da Cultura, con amplos sobrecustos que elevaron á contorna dos 350 millóns a construción dun complexo que é rematado sen ter en conta o o proxecto arquitectónico orixinal. "Era un arquitecto perfecto para el, porque estaba disposto a facer o que ninguén fixera", afirma
O Goberno galego cifra en 9 millóns ao ano o “valor social de non mercado” da oferta cultural, de lecer ou natural do complexo fronte aos 15 millóns que xera o seu movemento económico convencional
Dous anos despois de rematar a vixencia do plan estratéxico 2012-2018, elaborado con parágrafos plaxiados, a Xunta encarga outro por 40.000 euros e cun prazo de elaboración de tres meses
O Goberno galego celebra o décimo aniversario da inauguración dos dous primeiros edificios anunciando unha “etapa de expansión” do complexo, en cuxa cifra de visitantes inclúe os desprazamentos diarios do persoal que alí traballa
As exposicións do principal edificio do Gaiás recibiron o pasado ano 129.000 visitantes, case o dobre que un ano antes
Os 23 millóns de euros achegados en 2008 por Xunta e empresas para a actividade do Gaiás están xa reducidos a 8,2, a metade dos cales veñen de ser investidos en novos produtos financeiros ante os escasos xuros que reportaron nos últimos anos
O candidato popular, que era vicepresidente cando Fraga impulsou o proxecto, salienta a súa decisión de "finalizar a Cidade da Cultura” cun edificio de oficinas en lugar dun Teatro da Ópera que “non se podía facer, entre outras cousas porque non se podía pagar”
O Goberno galego xa daba por perdidos os cartos e agora o alto tribunal censúralle que nin sequera recorreu correctamente a sentenza previa que considerou que o Museo do Gaiás tiña “erros” e “non estaba suficientemente desenvolvido”
Tras gastar a Xunta nos primeiros anos entre dous e tres millóns por exercicio, o consumo do fondo estabilizouse nun millón ao ano, o que reduce o seu futuro a menos dunha década
O pasado ano o custo de mantemento ordinario do complexo estabilizouse en 7 millóns de euros pero a Xunta aínda prevé outros 27 millóns en obras pendentes tras gastar máis de 300 na súa construción desde que o ideou Fraga hai agora 20 anos
A promesa de Feijóo de 2013 de paralizar os traballos só afectou aos dous edificios previstos inicialmente que daquela estaban apenas iniciados, pero un deles retomouse como oficinas por 17 millóns e hai outras actuacións xa planificadas no resto do recinto por outros 10 millóns