Coronavirus
A Axencia de Protección de Datos pide explicacións á Xunta por esixir certificado de vacinación na hostalería
O ente que vela pola privacidade da información persoal quere “comprobar a licitude do tratamento de datos” e advirte de “efectos discriminatorios"
O Sergas mudará de empresa de rastrexo da COVID por outra que presentou unha oferta máis barata
Tras máis dun ano de pandemia, a Xunta adxudica a Extel o primeiro sistema estable de seguimento de contactos pola sua rebaixa económica malia que a proposta técnica foi peor que a da empresa que veu contratando de emerxencia. A nova adxudicataria tivo varios propietarios en pouco tempo e acumula diversos conflitos laborais
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia cruza o limiar do 70% da campaña de vacinación da COVID e a actual vaga achégase ao pico de incidencia
A cobertura con pauta completa de vacina entre a poboación de 30 a 39 anos aumenta 8 puntos en vinte e catro horas e rolda o 32%. Entre as persoas maiores de 40 xa supera o 93%. O Sergas notificou este xoves 1.077 casos novos e a suma no que vai de xullo rolda os 24.000. Mentres, a tendencia da incidencia acumulada a sete días achégase ao terreo da diminución
- EPA Coronavirus
- Economía
O impacto da COVID no emprego amaina pero deixa aínda 25.000 persoas sen emprego ou en ERTE
Hai 26.300 persoas ocupadas máis que hai un ano, pero aínda 22.100 menos que no verán anterior á pandemia. A ocupación aumenta en 7.000 persoas no segundo trimestre e o paro diminúe en 5.900.
A Xunta corrixe a súa reforma sanitaria e admite que non pode obrigar a vacinar
A aclaración explícita que o Goberno galego incluirá na lei pecha o conflito co Estado sen agardar a que se pronuncie o Constitucional, que o venres decidiu manter suspendido ese precepto da norma
- Datos Coronavirus
- Acontece
O impacto das vacinas da COVID: unha quinta parte de hospitalizacións e 17 veces menos mortes coa mesma incidencia
A última vez que Galicia rexistrou incidencias da COVID semellantes ás actuais, en febreiro, as persoas hospitalizadas co virus eran máis de 1.450; agora son algo menos de 270. Daquela, o Sergas notificaba unha media diaria dunhas 25 mortes de persoas co virus. Agora son 1,4
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta estende a 60 concellos a obriga de test negativo da COVID ou vacina para entrar en bares, entre eles as sete cidades
As farmacias poderán certificar o resultado negativo dos test COVID que venden e ese xustificante será válido para acceder á hostalería nos concellos onde a Xunta impón ese requisito. O Sergas segue detectando máis de mil casos novos diarios, pero en dúas áreas sanitarias a incidencia acumulada entra en zona de descenso e nas outras cinco, o crecemento frea dende hai días
As condicións laborais no rastrexo da COVID para o Sergas obrigan a reforzalo con teleoperadores de Madrid
Coa tramitación para contratar un sistema estable paralizada, a empresa encargada pola Xunta deriva persoal doutras campañas ao control do coronavirus en Galicia ante a imposibilidade de cubrir as vacantes ofertadas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia está a piques de completar o 70% da vacinación contra a COVID e o Sergas segue detectando máis de mil casos diarios
Sanidade notificou este martes 1.300 casos novos e, nos últimos sete días, diagnosticou unha cifra media semellante de infeccións activas cada xornada. O ritmo de crecemento da incidencia segue freando e tamén tende a estabilizarse o incremento da hospitalización, que segue á alza pero moi por baixo de anteriores vagas
- Datos Coronavirus
- Acontece
O descenso da incidencia da COVID consolídase en Ourense e o ritmo de incremento xa frea en todas as demais áreas
O Sergas notifica este luns 1.115 casos novos e diagnosticou unha media diaria dunhas 1.277 infeccións activas na última semana. Entre as seis áreas nas que a incidencia a 7 días aínda non diminúe a máis próxima a entrar en terreo de descenso é a de Pontevedra-O Salnés. Ás seis da tarde do domingo había 258 persoas ingresadas con test positivo, 118 máis que hai unha semana
- Entrevista | Yolanda Moares Coronavirus
- Acontece
"Os casos nas persoas vacinadas son sen síntomas ou leves e esa é a grandeza da vacina"
Esta enfermeira, que puxo a primeira dose contra a COVID en Galicia, recibiu en representación de todo o colectivo sanitario a Medalla de Ouro de Galicia ao dispositivo de vacinación e alerta da saturación da Atención Primaria nesta quinta onda da pandemia.