Defende a Galega fai tres anos denunciando a inxerencia da Xunta nos medios públicos
As traballadoras da CRTVG mobilizadas levan 157 venres negros reclamando o cumprimento da lei
As traballadoras da CRTVG mobilizadas levan 157 venres negros reclamando o cumprimento da lei
A Xunta introduciu en 2015 unha reforma na lei dos medios públicos aprobada polo PP que permite manter a Sánchez Izquierdo indefinidamente no cargo.
A Secretaría Xeral de Medios limítase a constatar que a elección da dirección xeral da radio televisión pública require dunha ampla maioría en resposta a unha pregunta do PSdeG sobre as datas previstas para substituír a Sánchez Izquierdo. Tamén elude valorar as "denuncias de manipulación informativa na CRTVG" apelando á "obriga de respectar a autonomía e independencia" dos medios públicos
Sánchez Izquierdo, actual máximo responsable da CRTVG foi nomeado en 2009 polo Goberno do PP, que mediante unha reforma legal o mantén no posto por sen límite temporal dende 2015. O consello de administración da CRTVG está na recta final do seu mandato e, coa vixente lei, a súa renovación tamén esixe unha maioría reforzada para a que non abondan os votos dos populares
A renovación do consello de administración da CRTVG, a piques de chegar aos seus 5 anos de mandato, requirirá necesariamente dos votos do PP e de, cando menos, dun dos dous grupos da nova oposición: BNG ou PSdeG. Se este órgano entra nun período de interinidade, este sumaríase á que atinxe á propia dirección xeral dende hai cinco anos
O organismo electoral estatal ratifica o reproche da Xunta Electoral de Galicia á TVG por excluír as declaracións de Ana Pontón (BNG). Defende A Galega esixe "un Consello de Informativos que vele pola independencia da radio e a televisión de todas e todos".
Admite a queixa do BNG, que sinalou que a televisión pública limitara varias informacións de Ana Pontón a unha voz en 'off' mentres emitía declaracións doutros candidatos.
A maioría dos populares veta a comparecencia reclamada por Defende A Galega e toda a oposición, que acusa a Xunta de converter os medios públicos nun "esperpento de censura e propaganda" a prol do presidente galego.
A CRTVG desbota a investigación reclamada polo comité intercentros e por Defende a Galega ao considerar que "non existe nin unha soa proba nin indicio razoable" que sosteña o que define como "acusación contra os traballadores" dos medios públicos e unha "campaña de desprestixio". Asegura ademais "non entender comportamentos de certos colectivos" sobre os que, afirma, xa alertou "ao comezo da pandemia"
A filtración dunha conversa en off de Irene Montero difundida polo ABC apunta a canle pública, que solicitou as imaxes á ETB e gardounas no seu arquivo. A CRTVG nega os feitos e rexeita o uso da conversa privada logo de emitila varias veces nos seus telexornais.
Boa parte do persoal da CRTVG mobilízase desde hai dous anos contra o "uso partidista" da TVG e da Radio Galega por parte do Goberno galego, que responde obviando, minimizando ou desprezando as protestas.
O presidente da Xunta esgrime os bos datos de audiencia dos medios públicos para rexeitar as críticas do seu persoal polo seu uso partidista. "A maioría dos galegos infórmase neles e cre que a súa información é veraz", di.