Persoal, sindicatos e oposición chaman a unha gran marcha para "rescatar" a CRTVG do "secuestro da Xunta"
O comité intercentros e máis de 30 organizacións políticas, sindicais e sociais convocan unha marcha o 6 de novembro en Compostela "por unha CRTVG ao servizo do pobo" e piden á cidadanía que "saia ao rescate dos seus medios".