A quinta xornada de folga na CRTVG volve suspender programas e apunta a outra cancelación do 'Luar'
"Caeu toda a programación non esencial e o 'Luar' tamén vai caer, témolo confirmado", subliña o presidente do comité intercentros, que cifra nun 70% o seguimento da protesta mentres a dirección o rebaixa a menos do 25%. O comité subliña que a folga persegue que a CRTVG deixe de estar "secuestrada polo PP" e exerza "ao servizo da sociedade galega. A corporación pública censura o "carácter político" da mobilización