Outra folga na CRTVG provoca a suspensión de importantes programas na radio e na televisión
A primeira das dúas xornadas consecutivas de paro "contra a manipulación e represión" e un "clima laboral asfixiante" apaga espazos, como o emblemático 'Luar', e modifica outros. "Esta situación é o máis grave que ten sucedido na historia dos medios públicos nos seus 38 anos de historia", denuncia o persoal.