Concurso público para dirixir a CRTVG: en marcha a lei popular por uns medios públicos "ao servizo do pobo"
A histórica xornalista Tereixa Navaza pon voz ás entidades que promoven a ILP para, din, poñer fin á "censura" nuns medios públicos que só deben ter "un amo: a cidadanía deste país". BNG e PSdeG brindan o seu apoio á iniciativa, que precisará 10.000 sinaturas para ser abordada polo Parlamento e que dependerá, en última instancia, do voto da maioría absoluta do PP