Licenza para desmantelar Elnosa 52 anos despois da súa apertura en Lourizán
A desmontaxe prodúcese mentres a veciña Ence agarda pola resolución do proceso xudicial que a enfronta co Goberno central sobre a prórroga que Rajoy lle outorgou ata 2073
A desmontaxe prodúcese mentres a veciña Ence agarda pola resolución do proceso xudicial que a enfronta co Goberno central sobre a prórroga que Rajoy lle outorgou ata 2073
O Tribunal Superior ampara á empresa fronte á Asociación Pola Defensa da Ría, que a denunciara por activar a megafonía do recinto de Lourizán impedindo a lectura dun manifesto
Na súa presentación de resultados do primeiro semestre do ano, cunha redución de beneficios do 50%, ENCE explica aos accionistas que é posible que teña que abandonar a ría corenta anos antes do previsto tras a prórroga outorgada polo Goberno de Rajoy
O pleno do ente provincial aprobou a interposición dun recurso contencioso-administrativo para que o Goberno galego "cumpra coas súas obrigas"
Dende que o Estado deixou de defender nos tribunais a prórroga de ENCE outorgada polo Goberno de Rajoy os movementos contrarios á pasteira reclaman a aplicación inmediata do novo criterio. A mobilización volveu ser 'recibida' na factoría con pancartas a prol da permanencia na ría
A prórroga de ENCE concedida polo Goberno de Rajoy en funcións tiña a súa orixe na lei de costas de 2013, criticada polo Consello de Estado por mor da súa "ambigüidade". Tras o cambio de Goberno en España a Avogacía do Estado considerou que o adecuado é limitar as prórrogas ata sumar un máximo de 75 anos. Entre as primeiras consecuencias da mudanza estivo a decisión de deixar de defender a extensión da pasteira
A empresa recoñece que a súa posición "é menos sólida que hai uns meses", ao carecer do apoio do Estado, despois que de o Goberno central anunciara que deixaría de defender nos tribunais a prórroga concedida por Rajoy
O xiro do Goberno de España ao deixar de opoñerse aos recursos do Concello, Greenpeace e APDR contra a prórroga concedida polo Executivo de Rajoy volveu abrir a porta a que a pasteira saia da ría. A declaración política promovida polos populares pola vía de urxencia non terá efecto práctico ningún, pero axitará a axenda preelectoral
Pontón censura que, tras prometer o traslado, o presidente "se comportase como conselleiro delegado de ENCE" tras decidir o Goberno de España non seguir defendendo a prórroga nos tribunais. Feijóo resalta que a súa promesa implicaba trasladar a factoría "dentro da comarca de Pontevedra", onde non hai ningún punto que reúna as "condicións" de proximidade a peiraos, consumo de auga e electricidade, matiza
Aclara que a prolongación da concesión é excesiva e non axustada a dereito e que o Executivo do PP non xustificou por que ENCE non pode mudarse a outro lugar. Feijóo carga con dureza contra o Goberno central e contra unha posible marcha da pasteira tras defender o traslado durante anos.