ENCE 2073
Unha porta aberta ao traslado de ENCE media década despois de que a Xunta abandonase a súa promesa
Todas as partes acudiron ao encontro convocado pola ministra Teresa Ribera e varias delas saíron da xuntanza cunha impresión: ENCE ábrese por primeira vez a falar dun traslado aínda que siga mantendo que o ve "inviable"
39 proxectos buscan reactivar a ría de Pontevedra, nunha mostra da súa riqueza produtiva e ambiental
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro seleccionou as iniciativas, moitas ligadas cos sectores pesqueiro, marisqueiro e da acuicultura e outras relacionadas co coidado do medio ou a posta en valor dos seus valores naturais e do patrimonio marítimo. O importe total dos investimentos subvencionables supera os 3,2 millóns de euros
"Estas empresas teñen que estar ao lado do mar": a campaña coa que o PP volve ao "PSOE e BNG queren quedar coas túas terras"
Os populares de Pontevedra e o vicepresidente da Xunta divulgan un vídeo anónimo que acusa a socialistas e nacionalistas de “enterrar toda a industria do mar galego” coa futura Lei de cambio climático
O pleno de Pontevedra volve pedir o traslado de ENCE e declara "persona non grata" ao seu presidente
BNG e PSdeG acusan a Colmenares de "dirixir e permitir" o "escrache violento" sufrido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o PP de "conivencia" por "asumir as teses da empresa como dogmas de fe".
A permanencia de ENCE en Pontevedra, pendente da Xustiza unha década despois de que Feijóo prometese sacala da ría
Alén da futura lei de cambio climático, que a pasteira siga ou non en Lourizán depende, sobre todo, do que resolva a Audiencia Nacional sobre os recursos contra a prórroga outorgada polo Goberno de Rajoy en funcións. O PP incluíu no seu programa de 2009 o traslado da factoría e Feijóo reiterou a promesa tras chegar á presidencia: "Non cabe a posibilidade de manter ENCE na ría"
O pleno de Pontevedra volverá apoiar o traslado de ENCE, que di velo "inviable" mentres agarda polo ditame xudicial
O consistorio reitera a petición mentres ENCE agarda pola Xustiza e centra a batalla política na oposición á lei de cambio climático, que propiciaría a saída da ría en 2033 aínda no caso de que lograse o aval xudicial. "Galicia necesitaría dúas pasteiras e vamos a quedar sen ningunha", di Feijóo para expresar a súa oposición á nova lei
A Fiscalía abre unha investigación sobre a seguridade de Ence tras as declaracións do seu presidente
Abre dilixencias para investigar a situación da compañía na ría de Pontevedra logo das polémicas palabras de Ignacio de Colmenares, que advertiu dun posible “susto maiúsculo medioambiental”.
- Vídeo ENCE 2073
- Política Pontevedra
Ence abre o debate sobre a súa seguridade e non quere unha lei contra a súa concesión, pendente de avaliación xudicial
O presidente da empresa advirte a empregados dun posible “susto maiúsculo medioambiental” e a compañía matízao con varios comunicados nos que di que o complexo de Pontevedra é “totalmente seguro”
A xustiza reitera a obriga de ENCE de pedir licenza municipal para realizar obras, "como todas as empresas"
O xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra desestima o recurso presentado pola empresa ante a paralización no ano 2018 por parte do Concello dunha actuación que a compañía estaba a realizar sen permiso. O Goberno local insta a ENCE a “que cumpra a normativa como a teñen que cumprir todas as empresas”
Licenza para desmantelar Elnosa 52 anos despois da súa apertura en Lourizán
A desmontaxe prodúcese mentres a veciña Ence agarda pola resolución do proceso xudicial que a enfronta co Goberno central sobre a prórroga que Rajoy lle outorgou ata 2073
"Desafortunado e ata reprochable", pero non delito: a xustiza avala que ENCE fixese soar o himno para dificultar unha protesta
O Tribunal Superior ampara á empresa fronte á Asociación Pola Defensa da Ría, que a denunciara por activar a megafonía do recinto de Lourizán impedindo a lectura dun manifesto