
Galicia encamíñase a un trimestre de Goberno provisional mentres BNG e PSdeG reclaman acelerar a remuda
O aínda presidente avoga por acompasar a sucesión no PP e na Xunta, con finais de maio como horizonte para a mudanza efectiva. Pontón (BNG) sinala que Galicia precisa "un Goberno centrado en dar solucións á crise de prezos" e ten "un Executivo do PP paralizado polas liortas internas" da sucesión. Formoso (PSdeG) ve "importante que no PP se aceleren os prazos" mentres subliña que Feijóo se estrea como líder do seu partido avalando o bipartito coa extrema dereita en Castilla y León