Incendios
As restricións informativas da Xunta fan imposible coñecer canto, cando e onde está a arder o monte
Medio Rural informou dende o 1 de xullo de apenas media ducia de incendios que suman unhas 365 hectáreas; só nas dúas últimas semanas de agosto axentes e bombeiros forestais revelaron focos de lume nunha vintena de municipios galegos
1.500 persoas apoian a marcha dos axentes ambientais contra a política forestal da Xunta
A manifestación convocada en Vigo este mércores polo comité de folga (CIG e UGT) para reclamar a dignificación laboral deste colectivo denunciou tamén que o Goberno galego "dálle as costas ao noso monte e ao patrimonio natural”
O incendio do Parque Natural do Invernadoiro queimou xa 68 hectáreas
Permanecen activos dous focos, que se iniciaron pouco despois das catro da tarde deste mércores na parroquia de San Mamede (Vilariño de Conso)
"Cantas máis empresas dependan do lume, máis problemas para desmontar o vínculo negocio-incendio"
Os axentes medioambientais, en folga dende o 1 de agosto, coidan que a Xunta pretende "desmantelar" a medio prazo este servizo público e coida que as negociacións non están atrancadas por un problema económico: "Vemos inxentes cantidades de diñeiro en drons, cámaras ou para o Exército"
A primeira vaga de calor do verán chega a Galicia ás portas das semanas con máis incendios de cada ano
A vaga de calor subirá os termómetros alén dos 40 graos en moitas comarcas do país e só A Mariña manterá niveis suaves. A combinación das altas temperaturas co prognóstico de vento do nordés disparou xa o Índice de Risco Diario de Incendios
Os axentes medioambientais adían un día a folga para "garantir a seguridade" do persoal dos servizos mínimos
CIG e UGT, que denunciaron os servizos mínimos, advirten de que o limiar do 20% fixado polo departamento de Beatriz Mato arrisca a "seguridade e protección" do persoal que teña que traballar durante a folga
Axentes forestais mobilízanse en plena folga e advirten de que sen acordo tornará en indefinida
Entre as súas principais demandas para un novo acordo laboral destacan a redución das quendas de doce horas, o recoñecemento das enfermidades profesioniais e o aumento do cadro de persoal. Os dous sindicatos convocantes denunciaron os servizos mínimos.
Greenpeace suspende a política da Xunta en prevención contra incendios
Nun informe feito público este martes, a entidade subliña que "o modelo actual de xestión de incendios baseado na extinción non resolve o problema. Céntrase nas causas que orixinan o lume, pero non nas que o propagan"
Os axentes forestais denuncian "deixamento de funcións" da Xunta na loita contra os incendios
CIG e UGT difunden un comunicado conxunto no que enumeran varias eivas no dispositivo de prevención e extinción e critican que a o Goberno galego os obriga a traballar en quendas de 12 horas. O colectivo rexeitou as condicións laborais propostas pola Administración, porque consideran a oferta que recibiron “miserable e cicateira".
Xa é ilegal a presenza de eucalipto nas faixas de protección contra incendios, pero a Xunta non multará de momento
O 31 de maio rematou o prazo dado a propietarios para "xestionar a biomasa vexetal" nun espazo de 50 metros ao redor de núcleos de poboación. Con todo, Núñez Feijóo adianta que só haberá "apercibimentos" e que se dará "un tempo prudencial" para levar a cabo as cortas e rozas. Só con "incumprimentos sistemáticos" haberá sancións
"Á industria da celulosa non lle interesa que haxa unha xestión ordenada do monte en Portugal"
ENTREVISTA | Pedro Soares, deputado do Bloco de Esquerda e presidente da Comisión de Medio Ambiente da Assembleia da República, participou este martes na Coruña nun coloquio sobre incendios e política forestal organizado por Marea Atlántica. Antón Sánchez, Xavier Vázquez Pumariño, María García e Helena Martínez completaron a mesa.