Política Social xa reduce a súa conxelada renda de inclusión a "complemento" da axuda estatal
O Goberno galego admite nos Orzamentos de 2026 que a Risga xa é só "cobertura complementaria" para quen "non accede" ao Ingreso Mínimo Vital, incompatible coa renda galega por unha lei de 2013 cuxa reforma mantén bloqueada. Aforra' uns 20 millóns anuais nestas axudas dende que está en vigor o IMV, que chega a tres veces máis fogares en Galicia que a prestación da Xunta