Orzamentos 2026
Os "aloxamentos compartidos" da Xunta, 30 metros e porta aberta a non limitalos á mocidade
Vivenda aproveita o trámite dos Orzamentos de 2026 para fixar na lei características dos edificios coma os que xa impulsa en Santiago, Vigo e Lugo, onde permitirá "unidades habitacionais" dunha soa estancia de 26 metros máis 4 de baño xunto a espazos comúns en complexos semellantes a unha residencia. A partida xeral de vivenda sobe un 25%, o IGVS chega aos 270 millóns de euros e a empresa pública Vipugal "estima construír 2.350" pisos ata 2028
A Xunta elimina os sindicatos dos tribunais de oposición dos seus letrados
O Goberno galego aproveita o trámite dos Orzamentos de 2026 para inserir a undécima reforma do Regulamento da Asesoría Xurídica, aprobado en tempos de Fraga, e cancela a persoa licenciada en Dereito proposta polos sindicatos que era parte do órgano que organiza e avalía os procesos selectivos neste corpo. Substitúea por un membro da escala de finanzas designado pola Consellería de Facenda
O BNG denuncia o "novo golpe democrático" da Xunta no Consello Galego de Estatística
Noa Presas censura que se trata dun paso "para eliminar a representación do pluralismo político do Parlamento no Consello Galego de Estatística e para avanzar no control político da información que xera o IGE"
A Xunta expulsa BNG, PSdeG e o Goberno de España do Consello Galego de Estatística
O Executivo galego aproveita o trámite dos Orzamentos de 2026 para modificar a lei de estatística aprobada hai apenas un ano, que mantivo a representación dos grupos parlamentarios no máximo órgano consultivo na materia, introducida polo gabinete de Feijóo en 2011. Adapta o Consello a que o IGE agora depende de Presidencia e non de Facenda e, ao tempo, cancela a representación parlamentaria e estatal e aumenta as "persoas de relevancia profesional" que pode designar directamente a propia Xunta
A Xunta permitirá ás promotoras adxudicar vivendas protexidas de alugueiro sen sorteo
O Goberno galego aproveita o trámite dos Orzamentos de 2026 para reformar por décima vez a lei de vivenda, que ata agora contemplaba a "excepción nos requisitos de acceso" en pisos de protección autonómica se quedaban baleiros por "falta de persoas adxudicatarias". Manterá o sorteo como vía "ordinaria" de adxudicación, pero "exceptúa da obriga" as vivendas protexidas "destinadas a arrendamento", que poderán ser adxudicadas directamente a persoas inscritas no Rexistro de Demandantes se non son parentes dos promotores en primeiro ou segundo grao
A Xunta volve conxelar o complemento das pensións non contributivas en 18 euros ao mes
A axuda foi creada en 2008 por PSdeG e BNG, Feijóo tivo que rectificar o seu intento de eliminala en 2010 e Rueda só a subiu en 2023
Investigada polo TSXG, a Xunta reforma a Medalla de Galicia tras darlla á princesa Leonor sen ponderar méritos
Praza.gal revelou que o Goberno galego deu á herdeira do trono o seu máximo galardón sen tramitar ningún expediente previo, e agora muda a normativa para podelo facer así cando a proposta parta da presidencia da Xunta
- Interactivo Orzamentos 2026
- Política
Vivenda e incendios, principais subas duns Orzamentos estancados en educación
A partida de vivenda medra un 25% nas contas públicas entregadas polo Goberno galego á Cámara, que soben un 21% na área que financia medios contra os incendios e avanzan apenas un 1,6% no eido educativo. Diminúen as axudas para eficiencia enerxética e tamén a partida de turismo pola redución de fondos para o "turismo sostible no ámbito local", que son transferidos aos concellos
A Xunta prioriza por lei os eólicos sobre a paisaxe e deixa permisos de Patrimonio en mans dos concellos
A lei de acompañamento que o Goberno galego vai aprobar cos orzamentos elimina esixencias e restricións en diversos ámbitos, desde o xogo de azar ata os chiringuitos
A Xunta tarda tres anos en aplicar a sentenza do Constitucional que dá praza definitiva a todo novo funcionario
O Goberno galego resolve o conflito entre o persoal veterano implicado en concursos de traslados e o de novo acceso con diversas medidas transitorias
- Datos Orzamentos 2026
- Economía
Novo récord do orzamento da Xunta en 2026, 14.240 millóns, un 2,1% máis, grazas a máis ingresos por impostos
O Goberno galego reduce do 2,5% ao 1,9% o crecemento do PIB e conxura a fin dos fondos europeos extraordinarios tras a pandemia cun 11% máis de ingresos por impostos tanto directos como indirectos