O pago a pacientes do Sergas que deben viaxar para tratarse deixa as pesetas: 30 euros diarios para aloxamento e comida
Unha nova normativa sobre as compensacións por tratamentos fóra da casa substitúe ás de hai máis de 20 anos, eleva o abono por quilómetro a 15 céntimos e inclúe a posibilidade de sufragar os gastos dun acompañante do doente.