Galicia, á cabeza dos territorios nos que as listas de espera impediron o acceso á atención sanitaria
O 31,8% dos galegos e galegas afirma que nos últimos 12 meses sufriu "demora excesiva" ou "inaccesibilidade á asistencia médica" por mor das listas de espera. Os datos, que se triplicaron dende 2017, só son superados polos da Rioxa. Un 16% di que non puido ir ao dentista por motivos económicos, a maior porcentaxe de todo o Estado.