O Estado tomba un eólico en zona de expansión do oso a carón de Trevinca no que a Xunta non vía tanto problema
Os aeroxeradores estarían en León pero varios quilómetros da conexión eléctrica atravesarían Valdeorras
Os aeroxeradores estarían en León pero varios quilómetros da conexión eléctrica atravesarían Valdeorras
O alto tribunal avaliará se as expropiacións para parques eólicos deben indemnizar só polo uso previo do terreo ou tamén polo seu potencial alugueiro para instalar aeroxeradores se non se impuxese unha expropiación
RDG, empresa impulsada polo Goberno galego para explotar recursos naturais, merca ao Sabadell por 75 millóns 11 aeroxeradores en Trabada. A veciñanza máis próxima será beneficiada segundo cal sexa a súa comercializadora de electricidade.
O Goberno galego considera tamén superada a capacidade eólica do Barbanza e zonas da Costa da Morte, a Mariña ou a Serra do Faro mentres contrata aínda agora o novo Plan Eólico anunciado por Rueda hai 15 meses e que aprobará dentro de tres anos
Falamos Jaume Franquesa, profesor na universidade estadounidense de Buffalo, un antropólogo recoñecido polo seu traballo no ámbito da enerxía, o medio ambiente e a política rural en Europa, autor do libro Molinos y gigantes. Esta semana participou no Consello da Cultura Galega na terceira sesión do ciclo “Encontros Temáticos Transversais co Patrimonio Cultural”
O impacto crítico e o rexeitamento social a anteriores proxectos salvaron ata agora a única gran serra litoral galega sen aeroxeradores e que a Xunta vén evitando protexer como Rede Natura
A administración local, que leva anos concedendo axudas para sufragar parte da factura eléctrica da veciñanza, asina un protocolo coa empresa ante a diminución de ingresos pola repotenciación dun parque que perderá ducias de aeroxeradores. Recibirá 125.000 euros anuais para pagar os recibos e outros 200.000 como mínimo do rendemento enerxético.
A Consellería de Medio Ambiente dá o visto e prace ao proxecto para a instalación de tres aeroxeradores de 115 metros de altura para dar enerxía á sede da multinacional téxtil pero deberá implantar un mecanismo para deter os muíños e evitar a morte de aves ou vixiar o impacto visual sobre a veciñanza do Portiño.
Vén de nacer Enerxía Comunitaria, unha iniciativa que busca poñer en marcha un parque eólico comunitario de 5 MW, propiedade dos seus socios e socias. Fai un chamamento á particulares, entidades sociais, empresas e insitucións a participar no proxecto, que busca reunir tres millóns de euros para conformar unha alternativa respectuosa co medio e cuxos beneficios fiquen en Galicia e, nomeadamente, nas comunidades locais.
Tras sucesivas críticas ao TSXG por parar cautelarmente proxectos mentres analiza a súa legalidade, a conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, advirte agora do "risco que supón instrumentalizar o dereito para bloquear proxectos industriais"
Tras reunirse con responsables de Enerxía da Comisión Europea o secretario xeral do PSdeG mantén que no Executivo comunitario "tamén preocupa" o freo "ao desenvolvemento das enerxías renovables" no noso país
O presidente di que "ata o día de hoxe a Xunta segue reaccionando como hai que reaccionar, con recursos, pero non valeu de nada"