Rueda, sobre accións xudiciais contra maxistrados que paran eólicos: "Non sei o que pode pasar no futuro"
O presidente di que "ata o día de hoxe a Xunta segue reaccionando como hai que reaccionar, con recursos, pero non valeu de nada"
O presidente di que "ata o día de hoxe a Xunta segue reaccionando como hai que reaccionar, con recursos, pero non valeu de nada"
Ao contrario do sinalado nalgúns ámbitos políticos, económicos e mediáticos, o aval do Tribunal da UE aos prazos para tramitar os parques non implicou desbloquear automaticamente os recorridos na Xustiza galega. O TSXG sentencia que o parque A Ruña III debeu ser obxecto dunha avaliación ambiental conxunta coa liña eléctrica de evacuación que ía utilizar e que contemplase os seus posibles danos en espazos naturais
A nova planificación para desbloquear o sector fora comprometida por lei por Feijóo en 2009 e o actual presidente rescatouna hai un ano, pero o concurso público para encargala está recorrido e non estará rematada cando menos ata 2028
A nova planificación que axude a desbloquear o sector fora comprometida por Feijóo en 2009 pero aínda tardará varios anos en ser aprobada, nun proceso con dúbidas sobre o papel da intelixencia artificial para elaborar o documento
A xustiza comunitaria acepta que as consultas ao público interesado se fagan sen contar aínda con todos os informes sectoriais, pero ducias de eólicos seguirán paralizados cautelarmente en Galicia por outro motivo, o risco de que o seu dano sexa irreversible
A ministra Aagesen prometeu o pasado febreiro que en 2025 se celebraría a primeira poxa desta tecnoloxía, pero aínda non sucedeu. A patronal eólica cre que a este ritmo os primeiros aeroxeradores flotantes en augas xurisdiccionais españolas chegarán arredor de 2032. SEO/BirdLife Galicia subliña que "desde o principio prememos para que haxa un enfoque ambiental sobre as aves mariñas e cremos que até agora se ignorou"
O Goberno de España aproba que aos parques con suspensións cautelares como as ditadas polo TSXG non lles corran os prazos cara á súa autorización definitiva. "O cómputo queda suspendido dende a adopción da suspensión ata o seu levantamento", di a nova norma, que xa está en vigor e debe recibir apoio do Congreso no prazo dun mes
Unha das tres empresas aspirantes a elaborar a nova planificación eólica propón o uso de IA para aforrar tempo e a mesa de contratación admite a súa oferta malia as dúbidas sobre a súa viabilidade
En cinco anos, nun contexto de inseguridade provocado pola xestión da Xunta que levou á paralización xudicial de máis de 60 proxectos, Galicia só incrementou a súa potencia eólica en 106 MW, fronte aos 2.345 MW de Aragón, máis de mil en Castela-León e Castela-A Mancha e case 500 de Navarra. OGACLI cualifica de "alarmante" o estancamento da potencia renovable.
Como o TSXG, o alto tribunal estatal tamén emite autos con resultado dispar sobre un mesmo parque eólico porque en cada un valora argumentos distintos esgrimidos por recorrentes distintos
Suspende de forma cautelar a autorización dun parque eólico en Moeche por non ter en conta o estudo de impacto ambiental os efectos "acumulativos" doutros parques da contorna, malia insistir na doutrina de que o feito de compartiren conexión non implica ter que avalialos conxuntamente.