Constatada a degradación de bidóns nucleares fronte a Galicia na súa primeira observación directa
A segunda misión do proxecto científico francés NODSSUM descende no submarino Nautile case 5.000 metros ata os barrís con refugallos radioactivos guindados á Foxa Atlántica, de cuxo control as autoridades internacionais seguen a desentenderse. A expedición puido "documentar o avanzado estado de degradación de varios bidóns" e "vertidos do seu contido nalgúns casos", así como a súa "limitada" radioactividade