Vigo
Tras o 'non' da Xunta a eólicos na serra da Groba, agora Jealsa quere dúas centrais de auga mariña bombeada
Como cos eólicos, a plataforma SOS Groba e o Concello de Oia, do PP, están a mobilizarse para presentar alegacións contra os proxectos
Máis que unha illa, Sinsal é unha travesía: a viaxe na que a música ten lugar
A edición 2026 do festival, que comeza este venres vai moito máis aló dos concertos secretos na Illa de San Simón. O evento, a piques de celebrar o seu 25 aniversario, inclúe unha ampla programación por espazos singulares, dende o Museo do Mar ao Mosteiro de Oia, pasando polo Planetario de Vigo. Ademais, percorre unha vez máis a conexión Vigo-Portugal cunha xornada moi especial en Braga. Falamos co seu director, Julio Gómez
O Tribunal Superior volve condenar sen Villares a concesionaria do hospital de Vigo a pagar o IBI
O Supremo anulou a sentenza na que o TSXG condenaba a empresa a pagar ao Concello de Vigo sen que a Xunta a compensase por "vicio de parcialidade" do ex-líder de En Marea. Agora o alto tribunal galego vólvese pronunciar exactamente igual: ve claro que o contrato do hospital non libraba a empresa de ter que pagar o IBI se, como sucedeu, o Concello decidía deixar de bonificarlle o 100% do pagamento
Sinsal expándese a Portugal sen deixar a Illa de San Simón coa curiosidade e ilusión intactas
Ás portas de celebrar o seu 25 aniversario, o festival Sinsal amplíase para realizar unha "travesía" que o levará das ondas do mar de Vigo ata Portugal. Dúas fins de semana para descubrir sonoridades de proxectos que proceden de 12 países de catro continentes
García Mateo, reitora da Uvigo, reclama a Rueda "unha aposta decidida polo sistema universitario galego"
Financiamento e confianza foron as dúas peticións que a primeira reitora da Universidade de Vigo na historia trasladou no seu discurso ao presidente de Xunta. Tamén reivindicou unha educación superior que sexa “o maior antídoto conta a barbarie".
Medio Ambiente evita valorar a investigación que insta máis melloras ambientais nas Illas Atlánticas
O estudo conclúe que os visitantes apoian "intervencións de conservación moderadas" e que estarían dispostos a pagar por elas, pero a Xunta limítase a lembrar que a normativa de parques nacionais non contempla o cobro
Vigo, a mellor cidade para vivir? Depende!
Xabier Vila-Coia
Rueda garante que as 7.800 persoas que pasan de Povisa ao Álvaro Cunqueiro serán "ben atendidas"
O hospital concertado vigués queda con 102.000 pacientes adscritos, o seu rexistro máis baixo
A Plisan faise intermodal 26 anos e 270 millóns despois
A razón de ser inicial en 2000 do maior polígono de Galicia, servir de porto seco con conexión ferroviaria cos peiraos de Vigo, acádase aínda agora, cinco anos despois de que comezasen a instalarse as primeiras industrias
O tren de Andrés Dobarro descarrila en Vialia: Crónica dunha fe sen saldo
Gonzalo Amoedo López
- Entrevista | Carmen García Mateo
- Ciencia e tecnoloxía Vigo
"Ante a Xunta faremos valer o anuncio de que o investimento acade o 1% do PIB. Estamos moi lonxe"
Falamos coa nova reitora da Universidade de Vigo, que tomará posesión do seu cargo o vindeiro 25 de xuño. A candidatura que lideraba -Nós Universidade- fixera un chamamento a “dar rumbo á UVigo para pasar da dispersión ao proxecto común, da improvisación á solvencia e de mirarnos cara dentro a ter peso fóra”. Terá seis anos -nun único mandato non renovable- para facelo.