Alberto Lema, Ivana Gómez Abuín e Santiago Lopo gañan os Xerais 2026
'A boca do río', Xerais de Novela, trasládanos á Galicia da posguerra e á burguesía que "non se conforma co poder político e económico e tamén quere ser dona da terra, da auga e da memoria". 'A banda da albóndega', Premio Merlín, propón á rapazada unha "combinación dos libros clásicos de misterio e aventuras cunha mirada fonda e agarimosa á memoria, á amizade e ao poder das historias". 'A lingua dos grifóns', Premio Jules Verne, achega a mocidade a unha "aventura épica que dá un paso máis na fantasía xuvenil galega"