A Xunta mobilizouse en pleno verán para que Feijóo construíse o seu antigo chalé en Moaña ocupando vía pública
A ocupación dun camiño cun muro foi xustificada "por seguridade" do presidente, pero tamén comparada co uso de terreo público para supresión de barreiras a persoas con discapacidade. Malia as demoras que experimentan todo tipo de trámites da administración autonómica, a directora xeral de Urbanismo e a policía adscrita ao Goberno galego reaccionaron en poucos días para desbloquear a segunda residencia do líder popular.