José Luis Méndez di non lembrar que Caixa Galicia perdoou 1,8 millóns en créditos ao PP
O antigo director xeral da desaparecida gran caixa do norte alega por escrito ante o Congreso falta de memoria sobre o perdón de débedas aos populares en 1996, excúlpase do fracaso da fusión con Caixanova e defende que a entidade colocou as preferentes de "maneira correcta e rigorosa"
O rexurdimento da auditoría inexistente axita a investigación sobre a fin das grandes caixas tras cinco anos aberta
Media década despois do inicio da investigación política algúns ex-directivos xa entraron e saíron do cárcere e a consultora KPMG reitera que "en ningún caso" elaborou unha "auditoría" nin "recomendou" a fusión
Milleiros de persoas reclaman a fin dos atrancos para a "liberdade de vivir en galego"
A plataforma Queremos Galego advirte do "sobreesforzo" que para persoas e colectivos supón empregar o galego "día a día" en todos os ámbitos da vida e lamenta que a política lingüística da Xunta se reduza a "propaganda"
O PP ameazou con denunciar a filtración da suposta auditoría das caixas, pero nunca o fixo
A consultora KPMG advertira o Goberno galego de que non ía aceptar "responsabilidade ningunha" se a información "privada e confidencial" do documento transcendía. En Marea volve solicitar formalmente que a Xunta entregue a "carta de encargo" na que especificaa que tarefas debía realizar a consultora, polas que pagou arredor dun millón de euros
En Marea e BNG forzan que Feijóo responda por "mentir" na fusión das caixas cunha "auditoría" que non tiña
O PP veta a comparecencia do presidente da Xunta e ve "absurdo" e "irresponsable" que a oposición a reclamase despois de que a consultora KPMG reiterase que "en ningún caso" o seu informe sobre a unión de Caixanova e Caixa Galicia era "unha auditoría" nin avalaba a operación, como mantivo o Goberno galego
Un de cada tres fogares galegos, alleo ao mercado laboral
GRÁFICOS Os fogares con todos os seus membros inactivos aumentaron un 20% en menos dunha década e xa superan os 340.000. O volume total da poboación inactiva tende á estabilidade, pero dentro dela aumenta o peso das persoas xubiladas
O PP ve "absurdo" que a oposición esixa explicacións a Feijóo pola "auditoría" das caixas que non era tal
Os populares divulgan a transcrición das comparecencia de Feijóo en 2013 na que seguía a indicar que KPMG fixera unha "auditoría" mentres o representante da consultora xa advertía daquela que "en ningún caso" o era. Toda a oposición reitera a petición de comparecencia e o BNG asegura estudar accións legais
O éxito de 'Fariña', desacougo polo regreso do pasado incómodo de Galicia
O secuestro do libro de Nacho Carretero a instancias de Bea Gondar, ex-alcalde do Grove precipitou a estrea da serie de Bambú Producciones, que devolveu ao debate político do país os contactos de dirixentes galegos con contrabandistas e narcos nos anos 80 e 90
"A Coruña non se vende": a mobilización pola "devolución" dos peiraos coruñeses volve á rúa
A comisión lamenta o "cinismo" da Xunta e Fomento e a "conspiración de silencio imposta por grupos hexemónicos" a respecto desta operación. O alcalde da Coruña pide por carta a Xunta e Fomento constituíren a comisión de seguimento dos convenios de 2004 para "revisar" os acordos coa óptica da "xestión pública" dos terreos
A oposición esixe explicacións a Feijóo por "mentir" na fusión das caixas coa "auditoría" que non era tal
En Marea, PSdeG e BNG reclaman a comparecencia do presidente despois de que un executivo de KPMG reiterase esta semana que o documento elaborado hai 8 anos non era unha auditoría nin "recomendaba" a fusión de Caixa Galicia con Caixanova. A Xunta chegara a falar de "auditorías externas" para "certificar a bondade dos balances" de ambas entidades
O pacto orzamentario de Ferrol deixa Ourense como única cidade coas contas prorrogadas do mandato anterior
O goberno de Ferrol en Común logra a aprobación inicial dos orzamentos de 2018 cos apoios de PSdeG e BNG. Vigo e Pontevedra aprobaron as contas a finais de 2017, Santiago e A Coruña no inicio de 2018 e Lugo, en abril tras unha cuestión de confianza
Fomento di que amañará a deteriorada estrada de Ourense a Lugo tras meses de protestas veciñais e políticas
VÍDEO | En Marea, PSdeG e BNG reclaman dende hai meses o amaño desta estrada, que en áreas como a contorna de Chantada pon en risco a seguridade viaria, advirten