En Marea, PSdeG e BNG buscan fórmulas para evitar que esmoreza a investigación dos recortes sanitarios
Dende o día que o PP aprobou o seu plan de traballo existen contactos entre os tres grupos da oposición para estudar como reconducir a situación. Unha das posibilidades sobre a mesa é artellar unha ou varias xornadas á marxe da comisión onde serían convidadas a comparecer persoas e entidades vetadas polos populares
Máis dun cento de concellos estarán o 25N 'en negro' contra a violencia machista
A campaña lanzada en 2015 dende o goberno local compostelán xa é secundada por 102 concellos de todo signo e mais polas deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra
O Consello de Bioética de Galicia evidencia o fracaso dos coidados públicos ás persoas anciás vulnerables
O órgano que vela polo trato ético na sanidade galega ilustra con exemplos reais a necesidade de que coidar os maiores torne en "responsabilidade do conxunto da sociedade" e insta a Xunta a tomar medidas como asegurar prazas en residencias públicas preto dos domicilios habituais dos anciáns ou "planificar a asistencia sanitaria en consonancia coa realidade demográfica" do país
- Entrevista
- Política
Gonzalo Caballero: "Na Galicia real, máis alá do marketing, Feijóo é un rei espido"
ENTREVISTA Tras ser proclamado candidato do PSdeG á presidencia da Xunta o secretario xeral do partido amósase convencido de que a mudanza no Goberno de España foi panca definitiva para o inicio da fin da hexemonía do PP na Xunta. Ás portas dun novo e intenso ciclo electoral asegura ter "definida e planificada" a "estratexia para acadar o cambio político" en Galicia
Agarimos en Galicia para Salvador Sobral, "galego do sul"
O 'Amar pelos dois' co que o cantor lisboeta triunfou en Eurovisión xa é tamén un chisco "amar polos dous", ironizou Sobral, porque "na Galiza também a senten como sua"
Adeus á investigación dos recortes sanitarios que pactou toda a oposición
En Marea, PSdeG e BNG propuñan uns 200 posibles comparecentes que reduciron a uns 80, entre eles un familiar do falecido na Estrada sen atención médica. O PP ofreceu incorporar 20 nomes que escollera de entre todas as propostas da oposición, un 'todo ou nada' que os grupos da esquerda rexeitaron
Mercadona, condenada a readmitir unha traballadora da Coruña á que despediu estando de baixa
Ao trasladala á froitaría do supermercado a traballadora solicitou mudar de sección pola escoliose que lle impide cargar pesos. Un detective contratado por Mercadona seguiu á empregada durante a baixa e a empresa esgrimiu a información obtida como motivo do despedimento, que a xuíza non acepta
O PSdeG alerta de que o Concello de Mondoñedo "rebaixa 110.000 euros" en impostos a un parque eólico
"O Concello vai pasar á historia por ser o primeiro en rebaixar impostos por crear 5 empregos a unha empresa con máis de 20 millóns de beneficios", di a voceira socialista, mentres o goberno local (PP) advirte de que se limita a aplicar as rebaixas fiscais previstas na ordenanza municipal para promover a implantación de empresas
O plan do PP de Casado para o aborto: contrarreforma de Ruiz-Gallardón e lei de Feijóo
O líder do PP defende que a interrupción do embarazo "non é un dereito" das mulleres e, na liña do mantido por Feijóo mentres estivo sobre a mesa a contrarreforma de Ruiz-Gallardón, asegura que a lei do aborto de 1985 tivo o "acordo dos dous grandes partidos", aínda que non é certo
En Marea debate estratexia política e electoral ás portas de volver votar a súa dirección
A votación das regras para elixir o vindeiro Consello das Mareas será unha primeira proba para medir as forzas entre os dous principais sectores de En Marea
Terceira condena xudicial á Xunta por vulnerar o dereito a secundar a folga feminista do 8M
O Tribunal Superior anula os servizos mínimos do 100% impostos na central telefónica do 061 por seren os mesmos que os que rexeron o 8M para o persoal médico ou de ambulancias sen "motivación" concreta ningunha
Endesa admite que non atende en galego e atribúeo á escaseza de clientela que o pide
Tras negar a atención a unha reclamación en lingua galega a antiga compañía eléctrica pública liga a razóns do "volume de clientes" que Endesa non atenda en galego pero si o faga en castelán, catalán e inglés