Feijóo auséntase do Día das Artes Galegas para esquivar o persoal de xustiza en folga
CON VÍDEO O comité de folga reclama a "inmediata convocatoria da mesa de negociación" tras máis de dous meses de paro indefinido e despois de ser expulsado da sede da Xunta
Caballero: "O PSdeG é unha forza de esquerda e traballará con outras forzas para que a dereita deixe de gobernar"
ENTREVISTA | O secretario xeral do PSdeG afirma, tras apenas medio ano no cargo, que ten a intención de artellar unha "gran coalición social de progreso" que sexa quen de atraer á "maioría social que sabe que Galicia non vai ben". "Se o PSdeG non é quen de liderar o cambio, a historia galega amosa que non se dá producido", asegura
O Breogán entrégase á euforia do ascenso tras doce anos de corazóns encollidos
O equipo lucense regresa á máxima categoría do baloncesto tras gañar 93-89 ao Sammic cunha cancha empapada nunha mestura de euforia e medo á breoganada. A vitoria nos últimos segundos tivo un aquel de remake do mítico ascenso do 99 e fixo estourar a afección
Audasa volve gañar máis de 40 millóns nun ano tras ingresar o maior importe por peaxes da última media década
A concesionaria da AP-9 informa os seus accionistas do seu litixio contra o Estado para poder subir máis as portaxes e dunha nova redución de gastos de persoal
O PP fracasa no intento de sancionar un deputado do BNG por rachar fotos do rei
O informe dos letrados resalta a "inviolabilidade" dos membros do Parlamento e que non cabe a imposición de medidas contra el alén do propio debate. O Bloque lamenta o que considera unha "gravísima utilización política da Xunta de Portavoces para converter o Parlamento nunha terminal do PP"
Dimite o deputado de En Marea Juan Merlo por incluír no seu currículo que era enxeñeiro sen selo
Merlo, número dous de Podemos en Galicia, abandona a Cámara tras admitir que se formou como enxeñeiro pero non concluíu os estudos, como indicaba a súa biografía na web do lexislativo
O PP defende que a Xunta preste o salvamento marítimo cos helicópteros alugados que vendeu en 2012 por "obsoletos"
Os populares negan un "uso neglixente dos cartos públicos" tras vender os helicópteros pola metade do que custaran e despois alugalos para prestar o mesmo servizo
O PP avalía promover "consecuencias legais" contra o deputado do BNG que rachou unha foto do rei
Luís Bará rachou as fotos do monarca como mostra de rexeitamento á 'lei mordaza' e o vicepresidente Diego Calvo, que dirixía o pleno, non o apercibiu de ningún xeito. Horas despois a Presidencia da Cámara anunciou o encargo dun informe xurídico sobre "os feitos", que Feijóo cualifica como "integrismo" e liga á "violencia"
Máis de 30 operacións suspendidas no hospital Álvaro Cunqueiro por fallos na esterilización
A aparición dunhas partículas brancas nos colectores que transportan o material obrigou a suspender e reprogramar varias intervencións, algo que non é a primeira vez que sucede no centro vigués.
O PSdeG denuncia vínculos coa corrupción e o maltrato en entidades que optan á xestión dun centro de menores da Xunta
CON VÍDEO A socialista Noela Blanco advirte de que unha das entidades foi sinalada polo financiamento irregular do PP no caso Púnica e "denunciada por esposar, atar e illar menores". O conselleiro Rey Varela defende que as candidatas xa xestionan centros noutras comunidades autónomas
A Xunta protexe a subvención a colexios que segregan nenos e nenas dunha eventual derrogación da LOMCE
O aval do Constitucional á LOMCE non impediría limitar por lei o financiamento público destes centros, que en Galicia teñen concertos vixentes ata o 31 de agosto de 2023 en virtude da última orde do Goberno galego
O alcalde de Becerreá, destituído como vicepresidente da Deputación de Lugo tras volver votar co PP
Martínez votou cos conservadores para que as residencias de maiores sexan xestionadas pola sociedade urbanística provincial que el dirixe. Darío Campos, presidente da Deputación: "Ninguén que vota co PP en contra dos intereses dos lucenses ten cabida neste goberno"