Hermida asume "provisionalmente" a acta de deputado de En Marea e liga a súa renuncia formal á de Quinteiro
"Non vou coller a acta, pero non vou renunciar a ela" ata que Quinteiro non dimita, advertiu Hermida, quen admite que a situación mudaría se unha consulta interna apostase pola permanencia da deputada na Cámara. Villares admite a necesidade de resolver a "interinidade" do grupo e Antón Sánchez considera o movemento de Hermida "unha chantaxe" e unha "fraude"
A investigación da Policía 'autonómica' sobre os incendios de outubro nin menciona a tese terrorista da Xunta
O informe policial remitido ao Parlamento pon o foco nas "causas estruturais" do lume e chama a ter en conta o "tipo de vexetación e a topografía", "o abandono rural", a ausencia de prevención e "o aumento de urbanizacións illadas" ao pé do monte
En Marea mantén a incerteza sobre a remuda de Merlo no Parlamento mentres volve abordar o caso de Quinteiro
A renuncia de Juan Merlo chegou cando aínda non fora pechado o conflito interno ligado a Quinteiro, de quen a coordinadora da formación pedira a dimisión. Ao non cubrir o escano do que dimitiu Merlo a formación tivo no pleno 13 representantes, un menos que o PSdeG
Eliminadas dúas entidades que optaban a xestionar un centro de menores da Xunta tras cometeren un erro documental idéntico
O PSdeG advertiu de que unha das entidades que segue no proceso foi sinalada como suposta vía de financiamento irregular do PP de Madrid e as outras dúas, "implicadas" en casos de "maltrato" ou "explotación dos traballadores"
Portos do Estado advirte á Coruña: "Non temos ningunha vocación de facer cidade, queremos pagar débedas"
CON VÍDEO O presidente de Portos do Estado define como "absolutamente bo" o acordo rubricado coa Xunta para a venda dos peiraos e multiplica os "agradecementos" a Feijóo por comprometer 20 millóns públicos para mercar terreos. O Concello coruñés insta a ambos gobernos a "rectificar, agora que están a tempo"
O persoal da Xustiza en folga acampa ante a sede da Xunta "ata que haxa un acordo"
CON VÍDEO "Que non se lles ocorra que isto remate por esmagamento", advirte o comité de folga, que tras setenta e cinco días de mobilizacións resalta que a diferenza nas negociacións é dunha media de 12 euros de incremento salarial e pregúntase se Rueda "non ten interese ou ten prohibición" de chegar a un acordo
A Xunta evita cuestionar os títulos nobiliarios do franquismo e insta a "respectar a historia, a España e as tradicións"
O BNG cuestionaba o Goberno galego pola súa opinión sobre títulos como o ducado de Franco: "Imaxinen un marquesado de Hitler ou un condado do 23-F para Tejero, estamos falando de algo parecido", sinala o deputado Luís Bará
Cando o conselleiro Feijóo se laiaba de ser excluído dos pactos sobre o futuro do porto da Coruña
O Goberno de Zapatero asinou co ex-alcalde Francisco Vázquez mudanzas no financiamento do porto exterior e Feijóo cargou contra o acordo por "unilateral" e "clandestino"
Xunta e Fomento cítanse para anunciar sen o Concello da Coruña o futuro dos terreos portuarios
O Goberno galego e Fomento anunciaron a sinatura do protocolo sen advertir o Concello e horas despois de que o Goberno local presentase o foro sobre o futuro do litoral. Os gobernos do PP recuaron na súa intención de privatizar todo o terreo portuario, pero deixaron a porta aberta a vender o espazo de San Diego
O Constitucional desmonta o argumentario do Goberno de Rajoy para vetar a lei do traspaso da AP-9
"O veto orzamentario non poderá exercerse por relación a orzamentos futuros" e debe "precisar as concretas partidas orzamentarias que se verían afectadas", advirte a sentenza do TC sobre outro veto. Nada disto sucedeu nos tres bloqueos á transferencia da Autoestrada do Atlántico
Os dous ex-directivos das caixas condenados a devolver 10 millóns "enganaron" para cobrar "en plena crise"
A sentenza do Supremo destaca que Pego e Gorriarán lograron prexubilacións millonarias nunha caixa quebrada "cando xa levabamos tres anos achegando cartos públicos ás entidades bancarias" e non acepta que os acusados aleguen "descoñecer" as razóns xurídicas que os "obrigan a responder do diñeiro do que se apropiaron procedente dos recortes públicos sufridos pola maioría de cidadáns"
A UME volve esquivar a comisión de incendios e convida o presidente do Parlamento a unha visita "se vén por Madrid"
A Unidade Militar de Emerxencias depende do Ministerio de Defensa, que vén cobrando medio millón anual da Xunta por participar no dispositivo de prevención dos incendios. O delegado do Goberno central en Galicia tamén esquiva por segunda vez a petición de comparecencia na comisión de estudo