A Xunta saltou un paso "esencial" da lei de transparencia ao ocultar pactos cunha empresa sanitaria estadounidense
A Comisión da Transparencia obriga a Consellería de Sanidade a reiniciar o proceso no que denegou á Asociación de Pacientes do CHUS a copia íntegra dos seus convenios coa americana Medtronic por negarse a divulgalos sen consultar antes coa multinacional
O PSdeG chora o falecemento do histórico José Luis Rodríguez Pardo
OBITUARIO Rodríguez Pardo colaborou en diversas iniciativas culturais e de oposición á ditadura, participou na fundación do antigo PSG e participou na redacción do Estatuto dos Dezaseis
Os letrados do Parlamento non avalan o veto xeral a dicir que o PP foi "condenado por corrupción"
Os servizos xurídicos da Cámara advirten nunha "nota aclaratoria" sobre o informe esgrimido pola Presidencia que non cabe "predeterminar de xeito pechado as expresións que poidan ser causantes da chamada á orde" e dan por feito que na sentenza do caso Gürtel houbo "condena" ao PP
A sucesión de Feijóo na presidencia da Xunta tampouco será "votada nas urnas"
Aínda que non existe ningunha obriga legal ao respecto, todo apunta a que se Feijóo concorre con éxito ao liderado do PP, propiciará a súa propia sucesión á fronte do Goberno galego. Este sería o proceso da remuda.
Clamor multitudinario contra a mina de Touro: "non queremos outra herdanza envelenada"
Milleiros de persoas das comarcas afectadas pola mina de cobre do Pino e Touro ateigan o centro de Santiago e enchen a Praza do Obradoiro ao berro de "mina non" para esixir que a Xunta non autorice a reapertura da explotación, onde un accidente "sería peor que o Prestige"
"Corrupto", "machista", "este tío": as outras palabras prohibidas no Parlamento galego
A prohibición á oposición de afirmar que o PP foi "condenado por corrupción" a partir dun informe que a Presidencia da Cámara evita amosar xirou os focos mediáticos cara a unha práctica habitual dende hai anos no Parlamento galego
Saúdos fascistas e sorrisos conxelados: retratos de Galicia tras o golpe franquista
GALERÍA | A BNE vén de dixitalizar e publicar en internet arredor de 11.000 fotografías dos anos posteriores ao golpe de 1936, varios centos tomadas en Galicia. Imaxes propagandísticas de paradas militares ou eventos relixiosos reflicten parte do sucedido naqueles anos de represión
O PP esixe a Pedro Sánchez o traspaso da AP-9 que o Goberno de Rajoy vetou tres veces
O Executivo conservador bloqueou con cálculos económicos erróneos as dúas peticións de traspaso reclamadas por unanimidade dende o Parlamento de Galicia e mais a proposta formulada por En Marea no Congreso
A anterior carreira sucesoria de Feijóo: unha batalla interna que presentou como "primarias"
Ao actual presidente galego gustaríalle escribir o relato do seu ascenso á cúpula da madrileña rúa de Génova en termos semellantes aos que utiliza para relatar como chegou á cadeira de Manuel Fraga
O Goberno de Sánchez bota a andar tras descolocar o taboleiro político estatal
ANÁLISE O Goberno que chanta devasas inesperadas á festa demoscópica de Ciudadanos é froito dunha combinación que é observada como resposta a boa parte dos augurios de catástrofe da dereita e xa recibiu as primeiras críticas pola banda esquerda por fichaxes como Grande-Marlaska
Todas as deputadas da oposición esixen "desculpas" a Feijóo por dicir que Pontón "está moi necesitada"
CON VÍDEO As deputadas de En Marea, PSdeG e BNG coidan que a "retirada" das palabras pronunciada por Feijóo no pleno non abonda: "O mínimo sería unha desculpa pública e sincera" coa líder do Bloque, afirman
Prohibido dicir no Parlamento que o PP está "condenado por corrupción"
En Marea, PSdeG e BNG tentan sen éxito que o presidente da Cámara galega lles entregue o informe que, di, o avala para prohibir que nos plenos se pronuncie esa referencia á sentenza do caso Gürtel e a apercibir formalmente os deputados que o fagan