Feijóo cede á multinacional Indra un espazo da Cidade da Cultura para un centro de tecnoloxías socio-sanitarias
A empresa xa é socia da Xunta na base de drons de Rozas e ocupará agora a Sala Eisenman do Gaiás, un dos lugares máis visibles do complexo
Gürtel tornou a Pablo Crespo no primeiro deputado da historia da autonomía galega encarcerado por corrupción
O considerado 'número dous' da trama corrupta, que vén de sumar 37 anos ás súas condenas pola trama Gürtel, foi secretario de organización do PPdeG de 1995 a 1999 e membro do Consello de Portos de Galicia ata 2005
Feijóo anuncia un novo edificio na Cidade da Cultura para as universidades que custará outros 17 millóns de euros
O presidente, que en 2013 se comprometeu a non continuar o complexo impulsado por Manuel Fraga cando xa consumira 300 millóns de euros, defende agora a decisión de erguer outro para instalar o novo Consorcio Interuniversitario como froito do “sentidiño económico”
O PSOE activa a moción de censura contra Rajoy como resposta ás condenas da Gürtel
O Grupo Socialista no Congreso rexistrou a iniciativa con Pedro Sánchez como candidato antes de iniciar a xuntanza da Executiva do PSOE que debaterá os detalles. A data do debate que podería desbancar o PP do Goberno de España queda nas mans de Ana Pastor
- Feijóo reduce o caso Gürtel a que Bárcenas “non foi un tesoureiro moi exemplar e iso puido contaminar o PP"
- INTERACTIVO | Posibles combinacións de votos para que a moción saia adiante
- “Os certificados de credibilidade repártenos os cidadáns”, di Rajoy despois de que a Audiencia dubidase do seu testemuño
A filla dunha falecida en Chandebrito lamenta a "diferenza" de trato entre as vítimas dos incendios e as do estoupido en Tui
María Costas difunde unha carta a través de En Marea na que lamenta a falta de atención nos momentos posteriores ao falecemento da súa nai e coida que que "as autoridades" acudiron con celeridade a Tui "porque consideran que non teñen ningunha responsabilidade no ocorrido"
Traballadoras sociais alertan de que a nova estrutura do Sergas arrisca a atención a persoas "maiores e vulnerables"
O Colexio de Traballo Social e a Sociedade Científica Traballo Social e Saúde advirten á Xunta de que "somos as xestoras dos casos sociosanitarios complexos" como "as persoas en situación de abandono nos hospitais" e casos nos que acaba intervindo a Fiscalía
As pirotecnias galegas serán inspeccionadas tras o estoupido do almacén clandestino que matou dúas persoas en Tui
Os servizos de emerxencia atoparon a segunda vítima mortal baixo os cascallos tras horas de complexos traballos. Na mañá deste xoves a cifra de persoas feridas ascendía a 37 e seis delas seguían hospitalizadas, pero sen perigo para a súa vida.
A Fiscalía investiga os colapsos nas obras inacabadas de Rande inauguradas por Rajoy e Feijóo
O Ministerio Público resalta que os colapsos foron "sostidos" nos últimos meses e abre a porta a que as persoas usuarias podan reclamar o pagado nas peaxes
790 membros de En Marea votan a prol da dimisión da deputada Paula Quinteiro e 138, en contra
A consulta convocada pola coordinadora de En Marea sobre a permanencia de Quinteiro no Parlamento conclúe cunha participación de 928 persoas, o 38,8% do censo da formación
Cando Zaplana atribuíu os incendios de Galicia a que Zapatero "fragmentaba España" e á lingua galega
O ex-ministro de Aznar, voceiro parlamentario de Rajoy na oposición, foi detido nunha operación contra o branqueamento de capitais. "Introduciuse un compoñente ideolóxico: agora sabemos que é necesario saber galego para apagar lumes", ironizaba tras a vaga de incendios de 2006, que sinalou como "consecuencia" de que Zapatero fixera do Estado "un mero residuo"
José Luis Méndez di non lembrar que Caixa Galicia perdoou 1,8 millóns en créditos ao PP
O antigo director xeral da desaparecida gran caixa do norte alega por escrito ante o Congreso falta de memoria sobre o perdón de débedas aos populares en 1996, excúlpase do fracaso da fusión con Caixanova e defende que a entidade colocou as preferentes de "maneira correcta e rigorosa"
O rexurdimento da auditoría inexistente axita a investigación sobre a fin das grandes caixas tras cinco anos aberta
Media década despois do inicio da investigación política algúns ex-directivos xa entraron e saíron do cárcere e a consultora KPMG reitera que "en ningún caso" elaborou unha "auditoría" nin "recomendou" a fusión