A 'porta de atrás' que permite a colexios privados obviar a educación en igualdade malia ser financiados pola Xunta
O Goberno fixo desaparecer da orde concertos educativos 2017-2023 a "preferencia" do "principio de coeducación" que si figuraba nas dúas ordes anteriores. O seu impulso da coeducación foi un dos argumentos esgrimidos por Xunta e PP nos días previos á mobilización feminista do 8M
As mulleres son maioría nos soldos máis baixos e os coidados familiares lastran o seu ascenso
As traballadoras galegas son maioritarias entre a poboación asalariada que non chega a ser mileurista e a preponderancia é masculina entre os soldos máis altos. Oito de cada dez persoas asalariadas que non chegan aos 450 euros ao mes son mulleres nun contexto no que xornadas parciais e baixos soldos van da man.
A condena ao 'rei das orquestras' retrata un negocio millonario baseado nun 90% de fraude fiscal
A Audiencia de Pontevedra condena a Ángel Martínez, Lito a doce anos de cadea e 18 millóns de multa tras considerar probado que o seu grupo empresarial defraudou no IVE, o imposto de sociedades e o IRPF. Segundo a sentenza o empresario, que prevé recorrer ante o Supremo, declarou en dous anos unha facturación de apenas 4 millóns de euros cando a "cifra comprobada" superaba os 50
Cinco horas e 30 euros: a "aventura" de dúas deputadas do BNG para viaxar en tren de Lugo a Santiago
A inexistencia dunha conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago obriga a desviarse ata Ourense: "leva o dobre de tempo que viaxar de París a Londres" ou "dez veces máis que de Vigo a Santiago"
A xuíza executa o secuestro de 'Fariña' tras dous anos e medio á venda
A titular do xulgado número 7 de Collado Villalba (Madrid) atende a reclamación do ex-alcalde do Grove e ordena a retirada do mercado do libro e a parálise da súa reprodución e distribución. Só unha rápida resolución da Audiencia Provincial de Madrid pode evitar un secuestro prolongado
O PP limita a destrución de emprego en Galicia á etapa do bipartito aínda que se prolongou ata 2014
Os populares atribúen o crecemento do emprego á súa xestión na Xunta e aseguran que "o único" que non foron quen de "facer" foi "crear emprego ao ritmo que o destruíron socialistas e nacionalistas"
Feijóo xa non se desbota para substituír a Rajoy e reitera a súa ignorancia sobre que Marcial Dorado era narco
O presidente da Xunta teima na tese do terrorismo incendiario durante a súa aparición no programa Salvados, onde desdeñou a folga feminista e se esforzou por presentarse como alleo ás tramas corruptas que afectaron ao PP nas últimas décadas
O apoio á folga feminista chega á presentación da campaña da Xunta polo 8M
Unha das estudantes autoras do cartel do Goberno galego para o Día da Muller aproveita o acto no que foi presentado para apostar por participar no paro convocado polos movementos feministas
Carlos Santiago: "A liberdade de expresión só existe exercéndoa; oféndese quen cre que o espazo público lle pertence"
ENTREVISTA O actor e dramaturgo resalta que "a coincidencia entre o pregón" do Entroido compostelán que el interpretou "e o que se dixo del" realmente "é mínima" e enmarca a controversia xurdida nunha estratexia "de poder" na que "a quen se dispara non é a min"
A converxencia da renda galega coa media da UE retrocedeu unha década durante a crise
GRÁFICOS A renda da poboación de Galicia situábase ao inicio das dificultades económicas no 88% da media de Europa e retrocedeu seis puntos ata 2016. O maior retroceso doutros territorios permitiu, no entanto, que o país gañase posicións relativas a respecto de España e Portugal
"O máis grande de Galiza está até a cona": o BNG "dá a volta" ás mensaxes da Xunta para apoiar a folga feminista
Ana Pontón: "Ante a desigualdade, a violencia contra as mulleres e as actitudes neomachistas cómpre unha campaña directa e contundente; non caben medias tintas"
Galicia acumula unha década de peches de explotacións bovinas mentres só aumentan as de máis de 100 vacas
GRÁFICOS INTERACTIVOS Dende o inicio da crise pecharon unhas 1.700 explotacións ao ano, segundo o IGE, a maioría de pequena dimensión. Un 35% das cabezas de gando bovino atópanse xa en granxas cun máis dun cento de animais.