De Mesa gaña 156.000 euros no seu primeiro ano en Red Eléctrica, un 30% máis que na Garda Civil
A remuneración de Arsenio Fernández de Mesa no consello da eléctrica, ao que chegou dous meses despois de ser remudado como director da Garda Civil, practicamente duplica os soldos de Rajoy ou Feijóo
A Xunta ultima a chegada de persoal médico de fóra da UE mentres agroman as denuncias de precariedade no Sergas
O PP emenda a reforma da lei de saúde que o Goberno galego puxo en marcha malia ás intensas protestas e introduce cambios no texto en materias como o persoal ou a participación cidadá
O Entroido volve tornar en campo de batalla pola liberdade de expresión, agora en Santiago
O actor e dramaturgo Carlos Santiago interpretou no pregón da festa un dos seus personaxes máis clásicos, unha sátira do apóstolo. Días despois do acto, varias publicacións, o PP e a Igrexa atacaron o actor e o goberno local acusándoo de ofensas
'A derradeira leición do mestre', rumbo a Galicia: "contemplalo xa é unha toma de conciencia"
A Xunta e o Centro Galicia de Bos Aires asinan o convenio que permitirá que a obra saia da Arxentina por primeira vez e forme parte dunha exposición sobre Castelao na Cidade da Cultura
O Goberno de Rajoy imita a guerra lingüística de Feijóo en 2009 ante a ameaza electoral de Ciudadanos
Antes das eleccións de 2009 o PPdeG alertou dun suposto "conflito lingüístico sen precedentes" e Feijóo prometeu unha "casilla en el sobre de matrícula" para que as familias determinasen a lingua do ensino, como suxire agora o Goberno central ao abeiro da aplicación a Catalunya do artigo 155
Así manipula o Goberno central a Constitución e a lei galega para vetar o traspaso da AP-9
A explicación constitucional que o ministro de Fomento dá ao bloqueo non se corresponde co que indican a Constitución nin o Regulamento do Congreso e obvia a ausencia de impacto orzamentario directo da lei aprobada en Galicia por unanimidade
Fomento teima en defender o veto ao traspaso da AP-9 cun cálculo económico falso
CON VÍDEO O ministro De la Serna recupera nunha resposta a En Marea o argumentario económico que non se corresponde co eventual custo real do traspaso nin co texto da lei aprobada en Galicia por unanimidade para solicitalo
O PP traslada a súa tensión interna ao financiamento autonómico tras catro anos a incumprir a lei que o regula
Para cumprir a lei o novo financiamento tería que estar en marcha dende 2014. Feijóo di estar ledo porque non vai haber quitación de débeda a outras autonomías e Montoro rebaixa o seu entusiasmo: "se saen satisfeitos, pois estupendo; pero iso non quere dicir que non reestruturemos a débeda
A Xunta destina 400.000 euros de I+D+i a gastos da demanda pola mina de Corcoesto
O Goberno galego financiará con fondos da Axencia Galega de Innovación o convenio co Goberno central para que a Avogacía do Estado asuma o litixio internacional impulsado pola mineira canadense Edgewater contra a cancelación da explotación de ouro que pretendía instalar en Cabana de Bergantiños
"A prisión permanente é unha medida propagandística que non afecta á redución de delitos graves"
O Goberno de España inicia o proceso para aumentar os delitos susceptibles de seren castigados coa cadea perpetua revisable. O voceiro en Galicia de Xuízas e Xuíces para a Democracia, Xermán Varela, alerta de que por tras desta figura punitiva está "a mesma filosofía que na pena de morte: eliminar unha persoa da vida social de forma completa e para sempre"
A Xunta oculta contratos por 800 millóns nun ano tras facelos públicos só unha semana
Os contratos menores supuxeron no primeiro ano en que foron públicos, o 2016, o 47% dos máis de 1.845 millóns que sumaron todas as contratacións da Administración galega. A Xunta alega razóns técnicas para borralos mentres outras Administracións, como algúns concellos, os manteñen publicados
Ana Miranda volve ao escano do BNG na Eurocámara coa investigación de Angrois como prioridade
A representante do BNG recolle na Xunta Electoral a súa acta de eurodeputada como paso previo á volver tomar posesión do escano o 28 de febreiro en Bruxelas