Así permite o Sergas que unha multinacional americana controle servizos sanitarios en catro hospitais
Os convenios de Sanidade coa estadounidense Medtronic permiten á compañía organizar áreas médicas dos hospitais da Coruña, Santiago, Vigo e Lugo. No centro lucense o Sergas vincula á multinacional coa eventual apertura 24 horas da unidade que atende os infartos, aberta durante catro anos só en horas de oficina
Galicia despois de Lehman Brothers: dez anos en cinco gráficos
INTERACTIVO A quebra do banco estadounidense ficou como inicio simbólico dunha crise internacional que desencadeu a recesión económica e disparou a destrución de emprego en poucos meses. O PIB xa medra en Galicia como antes do estourido, pero o emprego aínda segue por baixo
A oposición galega activa a investigación dos recortes sanitarios: "Unímonos na defensa da saúde da xente"
A comisión pactada por En Marea, PSdeG e BNG abordará o impacto xeral dos recortes sanitarios e casos concretos como o falecemento dun paciente na Estrada sen atención, as restricións en fármacos da hepatite ou o horario reducido do tratamento de infartos
A anulación do trámite para remodelar a Residencia marca o inicio da crucial batalla electoral de Lugo
A alcaldesa, Lara Méndez, cre o acontecido un novo episodio de "mentiras" e "atrasos" cara á cidade; os populares, que admiten que a anulación do trámite existiu, observan un intento de "confundir" en vésperas da elección do seu cuarto aspirante á recuperar o poder na cidade
En Marea, PSdeG e BNG pactan investigar a morte no PAC da Estrada e os recortes sanitarios
Villares, Leiceaga e Pontón pecharon nunha xuntanza os detalles da comisión de investigación, que anunciarán este venres. As tres forzas da oposición aproveitarán a norma que permite crear unha comisión por lexislatura sen maioría absoluta para indagar no falecemento do paciente da Estrada sen atencion médica e "nos efectos da política de recortes do PP na sanidade"
A Xunta anulou un acordo clave para a prometida remodelación do vello hospital de Lugo e ocultouno
Para poñer en marcha os servizos non sanitarios anunciados por Feijóo na vella Residencia cumpría devolver o edificio ao Ministerio cun trámite que a Xunta fixo en xaneiro e marzo, pero que anulou en maio. O Goberno galego admite a anulación, asegura que foi "a instancias" do Goberno de Rajoy e acusa o Concello lucense de "entorpecer" o proxecto
A Xunta ocultou pactos cunha multinacional sanitaria americana que non puxo "impedimento" para revelalos
Sanidade negouse a entregar á Asociación de Pacientes do CHUS os convenios coa empresa estadounidense Medtronic sen consultar con ela, como marca a lei. Tras facelo por orde da Comisión de Transparencia constatou que a compañía non se opuña a revelalos
Feijóo admite que un doente no PAC da Estrada morreu sen médico e deféndese apelando aos fillos de Pablo Iglesias
O presidente constata no Parlamento que a inspección sanitaria abriu un expediente "para esclarecer" o acontecido no falecemento dun paciente no centro sanitario estradense e retruca ás esixencias de responsabilidades de Villares e Pontón acusándoos de "deteriorar" a sanidade pública
O estudo do Parlamento sobre os incendios tamén desbota a tese terrorista axitada pola Xunta
Baixo o epígrafe "terrorismo incendiario" as conclusións da comisión sobre os incendios limítanse a constatar o advertido pola Fiscalía ao arquivar as dilixencias sobre a vaga de incendios: "descarta a existencia" dunha "trama organizada" para prender lume ao monte e de "terrorismo" dende "o punto de vista xurídico"
A oposición galega afaise a camiñar xunta
ANÁLISE En apenas doce meses Villares, Caballero e Pontón compartiron mobilización en, cando menos, media ducia de ocasións. Os resultados das municipais serán clave para dilucidar se pode chegar a Galicia o cambio de ciclo político precipitado no Estado pola sentenza do caso Gürtel
Persoal da CRTVG tenta facer rebordar a protesta contra as "ataduras" gobernamentais cunha inédita manifestación
"A CRTVG non forma parte do botín que levan os partidos que gañan as eleccións", advirte o persoal mobilizado tras dezaseis venres negros, que apela o conxunto da sociedade a "non darnos por perdidos"
Mato e Rey Varela multiplican os actos como conselleiros na Coruña e Ferrol, onde optarán á alcaldía
INTERACTIVO A metade dos actos de Beatriz Mato como conselleira de Medio Ambiente dende o inicio de 2018 celebráronse na Coruña. Rey Varela dedicou case un terzo da súa axenda de 2018 a Ferrol, onde acudiu a numerosos actos alleos ás súas competencias, como eventos da Semana Santa ou competicións deportivas