O PP esixe acelerar a transferencia da AP-9 que Rajoy mantivo vetada dous anos
Todo semella indicar que se finalmente o PSOE vota "si", a lei aprobada será máis semellante ao segundo texto enviado polo Parlamento, sen referencia ao hipotético rescate da concesión que inclúe o texto. De culminarse, sería o primeiro traspaso de competencias á Xunta en dez anos
A Xustiza condena a Xunta por vulnerar a folga feminista do 8M cuns servizos mínimos "maliciosos"
O Tribunal Superior anula os servizos mínimos ditados para o 8M en tres departamentos da Administración e a CRTVG como resposta aos recursos da CIG e CC.OO. e conclúe que o Goberno galego pretendeu "privar de repercusión" a mobilización, como xa fixera noutras folgas
Sada e Deputación da Coruña urxen o Estado a intervir no Pazo de Meirás mentres os Franco especulan con el
Un dos netos do ditador iniciou os trámites para vender a parte que herdou do pazo a unha das súas empresas. "Esiximos que as institucións democráticas se xunten para impedir que sigan utilizándose os métodos da ditadura e que o pazo pase a ser propiedade pública", subliña a Deputación
- Crónica
- Política
Feijóo, dezasete aspirantes ás cidades e unha campaña sen piedade
Feijóo acumula tantos aspirantes ás alcaldías urbanas como a esquerda líderes orgánicos e parlamentarios dende 2009. Agora as alcumadas polo PP como Mareas de Podemos xa non son o único albo ao que apuntar; tamén cómpre fustigar aos socialistas e facelo sen desentoar a respecto da partitura de Casado
Dez euros para o Pórtico e de balde con convite: a Catedral de Santiago presenta tarifas con contrariedade
Os responsables da Catedral advirten de que na restauración do Pórtico non se gastou "nin un euro" público, porque a financiou a Fundación Barrié, se ben a Administración si investiu noutras áreas do templo
Liorta preelectoral co aparcadoiro do hospital de Vigo
CON VÍDEO Caballero anuncia que o aparcadoiro municipal do Cunqueiro será de balde uns dez meses e despois, se a Xunta non deixa de cobrar no seu, só poderán estacionar sen pagar as persoas empadroadas en Vigo. Mentres, Feijóo lanza de novo á súa candidata advertindo o rexedor de que "ti non es Vigo"
O centro de discapacidade da Xunta en Santiago comezará a atender tras cinco anos construído e pechado
O Goberno galego asina un convenio con COGAMI que, afirma, permitirá abrir o CEGADI antes de que remate o ano. O complexo foi impulsado polo bipartito, a súa construción comezou en 2008 e rematou en 2013 cun sobrecusto nas obras de arredor do 40%, ata os 13,2 millóns de euros
Sanidade acumula peticións de explicacións polos seus pactos cunha multinacional estadounidense
A Asociación de Pacientes do CHUS, En Marea e PSdeG volven cuestionar o Goberno galego tras transcender que os seus convenios con Medtronic permiten que a empresa americana controle servizos sanitarios en catro hospitais. Sanidade reitera que non ocultou información e que os acordos non arriscan a privacidade dos pacientes
Luz verde da Xunta á apertura dun casino en Vigo que legalmente estará na Toxa
O Goberno galego introduciu na lei de acompañamento dos Orzamentos de 2015 unha reforma que eliminou os límites para a instalación de casinos instaurados en tempos de Albor. Formalmente, o novo casino de Vigo será unha "sala adicional" do da illa grovense
O curso comeza sen cafetaría nos institutos pola demora da Xunta en contratalas
A nova lei de contratos obriga a centralizar na Xunta a contratación das cafetarías, que antes dependía de cada centro. A Consellería non iniciou os trámites ata o 17 de xullo e os atrasos do proceso impiden que as 255 cafetarías poidan funcionar ata outubro
A antiga escola unitaria de Chandrexa de Queixa reabre como velorio subvencionado pola Xunta
A Vicepresidencia sufragou con 40.000 euros o cambio de uso da vella escola, solicitado polo Concello de Chandrexa, onde o último centro educativo pechou hai unha década
O Goberno de Sánchez elimina o veto á lei do traspaso da AP-9 no Congreso
DOCUMENTO | O Ministerio da Presidencia vén de dar a súa "conformidade" a que sexa tramitada no Congreso a lei para a transferencia da AP-9, que o Goberno de Rajoy vetou tres veces baseándose en cálculos económicos erróneos