Rajoy volve marchar 30 anos despois e todas as olladas apuntan cara a Feijóo
Tras unha primeira retirada en 1987 Rajoy foino case todo no PP e no Goberno de España, un prolongadísimo percorrido que a sentenza do caso Gürtel vén de dinamitar. Antes do discurso da despedida Rajoy tivo tempo para volver desprestixiar o mecanismo da moción de censura, negar a corrupción e atribuírse a "disolución" de ETA
Porto da Coruña e ENCE, primeiros retos para o Goberno de Sánchez na Galicia urbana
Ferreiro confía nunha mudanza na actitude de Fomento para negociar o futuro dos terreos portuarios coruñeses e Lores escribe a Sánchez para pedir que axude a "reverter" a prórroga da celulosa e convidalo a visitar a cidade. A depuradora de Santiago e as conexións ferroviarias con Lugo e Ferrol tamén destacan entre as peticións das cidades galegas ao novo Executivo do PSOE
A elección dun Goberno "nas urnas" e outras mentiras tras a moción de censura
A principal diferenza da moción de censura cunha investidura ordinaria é que non inclúe unha rolda de consultas previa co xefe do Estado é que só pode ser aprobada por maioría absoluta. O sistema parlamentario vixente torna en imposible a elección dun Goberno "nas urnas" á que apelan PP e Ciudadanos
O Gaiás, 300 millóns despois: de contedor sen contido de Fraga a difuso parque tecnolóxico de Feijóo
ANÁLISE Tras absorber máis do triplo de diñeiro público previsto inicialmente, o proxecto que Manuel Fraga concibiu como un "soño" experimentou esta semana un novo bandazo co anuncio dun novo edificio de 17 millóns de euros e a cesión dun dos seus espazos privilexiados á multinacional Indra
A vaga expansiva da corrupción tomba o Goberno de Rajoy e leva a Pedro Sánchez á presidencia
O líder do PSOE, novo presidente do Goberno de España con 180 votos a prol e 169 en contra tras un pleno no que o PP amosou as súas primeiras armas de dura oposición, tamén contra Ciudadanos
A moción de censura do PSOE xunta votos dabondo para pór fin ao Goberno de Rajoy
AO VIVO A posibilidade de dimisión de Rajoy, ausente durante a metade da sesión, marca a primeira xornada do debate da moción de censura que, agás sorpresas, acabará con Pedro Sánchez como presidente do Goberno de España
Lugo liderou a mortalidade por infartos en Galicia mentres a unidade que os trata abriu en horario de oficina
O PSdeG lucense ofrece "asistencia xurídica gratuíta ás familias" para que "coñezan as medidas legais que poden emprender" por mor das "consecuencias" de que a hemodinámica non abra as 24 horas. O Sergas nega que a mortalidade sexa maior en Lugo que no resto do país
O apoio do PNV á moción do PSOE aboca á fin do Goberno de Rajoy
AO VIVO | Alén de negar sistematicamente a corrupción do seu partido, mesmo a constatada na na sentenza do caso Gürtel, Rajoy esforzouse en axitar o medo ao "Goberno Frankenstein"
O horario de oficina da unidade de infartos en Lugo impediu tratar a tres de cada catro doentes
Sanidade accede a revelar ao PSdeG parte dos datos do servizo de hemodinámica do hospital Lucus Augusti. De mediados de 2015 ao outono de 2017 rexistráronse 276 casos de pacientes con infartos en Lugo dos que só 73 "recibiron tratamento" no HULA e o resto foron enviados á Coruña
O Colectivo Republicano de Redondela inaugura no local do BNG a exposición que o Concello retirou por queixas policiais
O sindicato policial UFP volve ameazar con "accións legais" ao Colectivo Republicano e agora tamén ao Bloque se considera que a mostra "incita ao odio"
O PPdeG declárase vítima do "acoso" da esquerda tras vetar a comparecencia de Feijóo pola Gürtel
En Marea, PSdeG e BNG preguntarán ao presidente pola trama corrupta na sesión de control e ironizan con que proclame a súa intención de non ser "un Xudas" con Rajoy ante o escenario da moción de censura
O propietario da pirotecnia de Tui, ao cárcere tras o achado de novos depósitos ilegais de explosivos
A Garda Civil atopou uns 1.500 quilos de explosivos almacenados irregularmente polo propietario da pirotecnia 'La gallega'. O sinistro matou dúas persoas e, segundo o balance municipal, afectou a case 700 veciños, destruíu unha trintena de casas e danou case un cento